INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2017 A PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES NAS EMPRESAS DO SECTOR AGRÍCOLA PRIMARIO

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 17 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables nas empresas de produción agrícola primaria, para o ano 2017.(DOG do 24 de abril do 2017).

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución do 17 de abril de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables nas empresas de produción agrícola primaria. (DOG do 9 de agosto de 2017). 

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables nas empresas de produción agrícola primaria, sobre a base da convocatoria de subvencións realizada por Resolución do 17 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 24 de abril).(DOG do 10 de agosto de 2017).

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables nas empresas de produción agrícola primaria. Serán subvencionables as seguintes tecnoloxías: biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e minieólica.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: 25 de abril do 2017
  • Fin: 24 de maio do 2017

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 25 de abril ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 24 de maio de 2017. 

So se admite a presentación electrónica.

Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electrónicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos,  que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
 
Considerarase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e en concreto as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009 ambas incluídas.
 
Tamén serán subvencionables as actividades contempladas no IAE que se corresponda con estas clases do CNAE -2009.
 
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen totalmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros consumidores nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no apartado anterior.

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía da axuda será do 50 % do custe elixible da nova instalación, cun máximo de 50.000 € por proxecto e de 100.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas.

Prazo de execución e xustificación

A data límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2017.

Documentación complementaria solicitude

- Declaración capacidade administrativa

- Declaración outorgamento representación

- Ficha de consumos

Memoria técnica, en función da tipoloxía de proxecto: 

- Memoria técnica Biomasa-Biogás.

- Memoria técnica Xeotermia-Aerotermia.

- Memoria técnica Fotovoltaica-Minieólica.

- Memoria técnica Solar térmica.

Documentación complementaria xustificación

- Declaración proxecto executado.

- Informe técnico actuación realizada.

- Certificado de obra sistema de captación xeotermica.

- Modelo placa publicidade.

- Modelo certificado finalización instalación.

Acceso á aplicación

Aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.