INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2018 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA ADMINISTRACIÓN LOCAL, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, COMUNIDADES DE MONTES, EMPRESAS E AUTÓNOMOS

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia  2014-2020. (DOG do 30 de xaneiro de 2018).

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018 pola que se redistribúen e se minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 26 de xuño de 2018).

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 e incluídas na convocatoria efectuada mediante a Resolución do 26 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2018).(DOG do 27 de xuño de 2018).

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2018 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 22 da Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de enerxías renovables para o ano 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2018). (DOG do 11 de setembro de 2018).

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos  que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica, executados en Galicia para á Administración local, entidades sen ánimo de lucro, comunidades de montes, empresas e autónomos.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: desde o 31 de xaneiro de 2018
  • Fin: 28 de febreiro de 2018

Só se admite a presentación electrónica.

Os interesados realizarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro e as comunidades de montes.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
 
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas  dos sectores excluídos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) núm.  651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.2, entre as que figuran:
 
a) As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013.
b) As empresas que operan na produción primaria de produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
c) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
  • Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
  • Cando a axuda este supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma repercútese ós produtos primarios.

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, e terá as seguintes intensidades por beneficiario:
 

Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda

- Entidades locais: 80%   

- Entidades Xurídicas sen ánimo de lucro (que no realicen actividade  económica) e comunidades de montes: 50%

- Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.

Tendo en conta que na presente convocatoria aplícase a sección 7 do capítulo III do Regulamento (UE) núm. 651/2014 como axudas ao investimento para a promoción da enerxía procedente de fontes renovables (artigo 41.6.b), para as tipoloxías de biomasa tipo B e para os proxectos de aerotermia e xeotermia establecese como redución, pola inversión equivalente menos respectuosa co medio natural, un 20% dos valores da tipoloxía B3 da táboa dos custes elixibles de biomasa, valores que están establecidos en función da potencia da instalación. Para as tipoloxías A de biomasa, a redución será dun 20% sobre os valores dos seus custes elixibles máximos, reducións que tamén serán aplicables aos proxectos de enerxía solar térmica.

A contía máxima da axuda por proxecto de biomasa será de 200.000 €. No caso de redes de distribución de enerxía térmica o límite será de 400.000€. En proxectos de aerotermia, xeotermia e solar térmica a axuda máxima será de 100.000€. 

A contía máxima por beneficiario será de 1.000.000€.

Prazo de execución e xustificación

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2018

Modelos de documentos

Outorgamento de representación

Memoria técnica Biomasa

Memoria técnica Biomasa Redes de Distribución (District Heating)

Memoria técnica Bombas de Calor

Memoria técnica Solar Térmica

Anexo - Renuncia

Certificado de obra sistema de captación Xeotérmica

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

Modelo obrigatorio de publicidade 

 Acceso á aplicación informática

Acceso á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.