INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIONS ANO 2018 PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DESTINADAS A PARTICULARES E SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DESTAS SUBVENCIÓNS IN421H-IN421I

A continuación  descríbense brevemente as características principais desta línea de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 26 de decembro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións IN421H-IN421I (DOG del 30 de xaneiro do 2018).

Beneficiarios 

a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.
b) Comunidades ou Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

Dotación da Axuda

TIPOLOXÍA ORZAMENTO FONDOS
Grupo A1-A2-B1 e Grupo B2-B3 en zonas densamente poboadas. Biomasa 3.580.000 € Propios
Grupo B2-B3 en zonas non densamente poboadas. Biomasa 1.840.000 € FEADER
Xeotermia 500.000 € Propios
Aerotermia e Solar 500.000 € Propios

Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de incentivar o uso das enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2018.

ADHESIÓN ENTIDADES COLABORADORAS

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas.

Entidade colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente constituída, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.
 
Deberán estar dados de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas de instalación térmicas en edificios para os casos de aerotermia, xeotermia, biomasa e solar térmica procedemento  IN609E  e como empresa instaladora de baixa tensión para enerxía solar fotovoltaica procedemento IN609A.
 
  • http://oficinavirtualindustria.xunta.es/rgi/rgi_consultaspublicas.aspx
  • https://sedeaplicaciones.minetur.gob.es/RII/consultaspublicas/consultadatos.aspx

Solvencia técnica con medios tecnolóxicos que garanticen o acceso á aplicación informática habilitada para a tramitación de solicitudes

  •  Equipo informático. 
  • Conta de correo electrónico "operativa".
  • Dependendo do Sistema Operativo instalado:

S.O. Windows 

· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer, Edge, Firefox, Chrome

· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.

· Ter instalado a última versión de Java e Autofirma para Windows (32 bits o 64 bits). 

S.O. MAC 

· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Chrome

· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.

· Ter instalado Autofirma para Mac.

S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04)

· Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome

· Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.

· Ter instalado Autofirma para Linux.

Prazo adhesión Entidades Colaboradoras

  • Inicio solicitude: 31 de xaneiro de 2018.
  • Fin solicitude: 20 de febreiro de 2018 (incluido).

 Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión.

Modos de adhesión Entidades Colaboradoras

Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión de axudas de biomasa particulares 2017 e que non sufriran ningunha modificación. Usuario e contrasinal da edición anterior.

Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: O solicitante crea un usuario (NIF da empresa) e contrasinal que se xera a primeira vez que accede.

PRESENTACIÓN SOLICITUDES BENEFICIARIOS

As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación  electrónica.

  • Inicio solicitude: 21 de febreiro de 2018.
  • Fin solicitude: 20 de marzo de 2018 (incluido).

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda.

Intensidade da axudas e contía máxima 

A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 4.2 das bases da convocatoria.

- A intensidade máxima da axuda será do 50%.

- A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.

Documentación complementaria

- Modelo documento representación

- Modelo declaración compromisos execución asumidos membros agrupación persoas físicas sen personalidade

- Modelo renuncia

- Modelo declaración outras axudas

Memoria técnica Biomasa

Memoria técnica Bomba de Calor

Memoria técnica Solar Fotovoltaica

Memoria técnica Solar Térmica

- Modelo de certificado fin de obra

Só para Biomasa FEADER: Zonas consideradas densamente poboadas segundo a clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016 (fonte: Instituto Galego de Estatística). Consultar a listaxe

Mais información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981541500.