INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2019 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA ADMINISTRACIÓN LOCAL, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, EMPRESAS E AUTÓNOMOS

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 9 de abril  de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia  2014-2020. (DOG do 26 de abril  de 2019).

Obxeto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos  que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica, executados en Galicia para á Administración local, entidades sen ánimo de lucro, comunidades de montes, empresas e autónomos.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: desde o 29 de abril de 2019
  • Fin: 27 de maio de 2019

Só se admite a presentación electrónica.

Os interesados realizarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
 
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas  dos sectores excluídos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) núm.  651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.3, entre as que figuran:
 
a) As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013.
b) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
  • Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
  • Cando a axuda este supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma repercútese ós produtos primarios.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que operen no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluídas na sección A, e en concreto, as clases desde a 1.11 á 02.40, ambas excluídas.

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, e terá as seguintes intensidades por beneficiario:
 

Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda

- Entidades locais: 80%   

- Entidades Xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade  económica): 80%

- Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.

Tendo en conta que na presente convocatoria aplícase a sección 7 do capítulo III do Regulamento (UE) núm. 651/2014 como axudas ao investimento para a promoción da enerxía procedente de fontes renovables (artigo 41.6.b), para as tipoloxías de biomasa tipo B e para os proxectos de aerotermia e xeotermia establecese como redución, pola inversión equivalente menos respectuosa co medio natural, un 20% dos valores da tipoloxía B3 da táboa dos custes elixibles de biomasa, valores que están establecidos en función da potencia da instalación. Para as tipoloxías A de biomasa, a redución será dun 20% sobre os valores dos seus custes elixibles máximos, reducións que tamén serán aplicables aos proxectos de enerxía solar térmica.

A contía máxima da axuda por proxecto de biomasa será de 250.000 €. En proxectos de aerotermia e xeotermia a axuda máxima será de 100.000€, e en solar térmica de 15.000€.

Prazo de execución e xustificación

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 31 de outubro de 2019

Modelos de documentos

Memoria técnica Biomasa

Memoria técnica Bombas de Calor Xeotérmica e Aerotermia

Memoria técnica Solar Térmica

- Modelo outorgamento de representación

- Anexo - Renuncia

- Certificado de obra sistema de captación Xeotérmica

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

Modelo obrigatorio de publicidade 

 Acceso á aplicación informática

Acceso á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.