INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2019 A PROXETOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA PARA ADMINISTRACIÓN LOCAL, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, EMPRESAS, AUTÓNOMOS E UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE GALICIA

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a tódolos efectos será a publicada na Resolución do 2 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia  2014-2020. (DOG do 16 de maio de 2019).

Concepto

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos que empreguen como fonte enerxética a enerxía fotovoltaica executados en Galicia, para a Administración local, entidades sen ánimo de lucro, empresas, autónomos e Universidades Públicas de Galicia.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes 

  • Inicio: desde o 17 de maio de 2019
  • Fin: 17 de xuño de 2019

Só se admite a presentación electrónica.

Os interesados realizarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro e as comunidades de montes.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
d) Universidades Públicas de Galicia.
 
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas  dos sectores excluídos do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) núm.  651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.3, entre as que figuran:
 
a) As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013.
b) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
  • Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
  • Cando a axuda este supeditada a que unha parte ou a totalidade da mesma repercútese aos produtos primarios.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que operen no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluídas na sección A, concretamente as clases dende a 1.11 á 02.40, ámbalas dúas excluídas.

Intensidade de axudas e contías máximas 

A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, e terán as seguintes intensidades por beneficiario:
 

Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda

- Entidades locais: 80%   

- Entidades Xurídicas sen ánimo de lucro (que no realicen actividade  económica): 80%

- Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 25%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.

A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €. En universidades a contía máxima por proxecto será de 400.000 €, mentres que nas entidades locais 25.000 € e entidades sen ánimo de lucro 10.000 €. 

Prazo de execución e xustificación

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 31 de outubro de 2019

Modelos de documentos

Outorgamento de representación

Memoria técnica Fotovoltaica

- Anexo - Renuncia

Proximamente se subirá anexo de folla de cálculo en excel.

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

Modelo obrigatorio de publicidade 

 Acceso á aplicación informática

Acceso á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.