INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA RENOVABLES PARA USO TÉRMICO E PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES PARA O ANO 2020

A continuación  descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das axudas previstas na Resolución de 18 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, destinadas a particulares e na Resolución de 18 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2020. Código de procedemento IN421N.(DOG do 23 de xaneiro de 2020).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421N). (DOG do 28 de xaneiro de 2020).

Adhesión Entidades Colaboradoras

Entidade colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente constituída, así como os empresarios individuais sempre que, en ámbolos dous casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Renovables 2020.

Consultar o modelo de convenio de adhesión. Este documento é válido só para efectos informativos.
 
Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria:

a)    Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico como empresas de instalacións térmicas en edificios (procedemento IN609E).

b)    Para a xestión de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).
 
•    https://oficinavirtualindustria.xunta.gal/RUE-Portal/buscador/empresas
•    https://sedeaplicaciones.minetur.gob.es/RII/consultaspublicas/consultadatos.aspx

 Prazo adhesión Entidades Colaboradoras

  • Inicio solicitude: 24 de xaneiro de 2020.
  • Fin solicitude: 30 de xaneiro de 2020 (incluído).

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión.

Modos de adhesión Entidades Colaboradoras

Simplificada: Unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión de axudas de proxectos de enerxías renovables destinados a particulares 2019 e que non sufriran ningunha modificación. O usuario e contrasinal para acceder na aplicación informática serán os outorgados na convocatoria 2019.

Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: a primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación informática asignarase un usuario (NIF da entidade) e un contrasinal e servirán para cubrir as solicitudes de axuda así como para ver o seu estado.