INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2020 PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DESTINADAS A PARTICULARES - IN421P

A continuación  se describen brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que  a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 18 de decembro de 2019, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico destinadas a particulares IN421P. (DOG do 23 de xaneiro do 2020).

Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases se tramitarán e se resolverán por orde de entrada no rexistro ata esgotamento de crédito.

Beneficiarios

a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.
b) Comunidades o Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na  Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

Dotación da axuda

TIPOLOXÍA ORZAMENTO FONDOS
Biomasa (excluída tipoloxía B2-B3 en zonas non densamente poboadas) 1.150.000 € Propios
Xeotérmica 700.000 € Propios
Aerotérmica 600.000 € Propios
Solar térmica 50.000 € Propios

Período de actuacións subvencionables

Coa finalidade de incentivar o uso das  enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2020.

Presentación solicitude beneficiarios

As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) so se admite a tramitación  electrónica.

TIPOLOXÍA INICIO SOLICITUDE
Biomasa (excluída tipoloxía B2-B3 en zonas non densamente poboadas) 2 de marzo as 9.00h
Xeotérmica 4 de marzo as 9.00h
Aerotérmica 6 de marzo as 9.00h
Solar térmica 4 de marzo as 9.00h

 

Fin solicitude: 1 de xullo de 2020 para todas as tipoloxías de proxectos.

Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes

Manual de usuario para a cumprimentación/presentación de solicitudes

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Renovables 2020.

Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento

As solicitudes que non teñen o contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.

Intensidade da axuda e contía máxima

  • A inversión elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada pola características do sistema de conformidade ó disposto no  artigo 5 das bases da convocatoria.
  • A intensidade máxima da axuda será do 50%, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 35%.
  • A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.

Documentación complementaria solicitude

Mais información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 54 15 00.