
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DAS SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DESTINADAS A ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA E ENTIDADES DELA DEPENDENTES, ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO, EMPRESAS E AUTÓNOMOS
A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das axudas previstas na Resolución de 3 de agosto de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvenciones para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvenciones Código de procedemento IN421Y, IN421S (DOG do 12 de agosto do 2020).
Adhesión Entidades Colaboradoras. Código de procedemento IN421Y
Prema aquí para consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas neste momento
Entidade colaboradora: Entidade privada con personalidade xurídica, validamente constituída, así como os empresarios individuales sempre que, en ambos casos, teñan o seu domicilio ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica.
A selección de entidades colaboradoras realizarase en réxime de concurrencia non competitiva, e as solicitudes de adhesión presentadas en plazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no registro das solicitudes, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.
Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria, como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).
Plazo adhesión Entidades Colaboradoras
- Inicio solicitude: 13 de agosto do 2020.
- Fin solicitude: 2 de setembro do 2020 (incluído).
Acceso á aplicación de cumplimentación e presentación de solicitudes de adhesión.
Modos de adhesión
Entidades Colaboradoras Simplificada: está unicamente dirixida as entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinados a particulares, reguladas na Resolución do 18 de decembro de 2019 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2020) e que desexen adherirse aos procedementos de xestión das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional-Galicia 2014-2020, para a anualidade 2020-2021. Utilizarase o usuario e a contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2020.
Adhesión Común-Alta Novas Entidades Colaboradoras: a primera vez que a entidad colaboradora acceda á aplicación informática asignaraselle un usuario (NIF da entidad) e un contrasinal e servirán para cubrir as solicitudes de axuda así como para ver o seu estado.
Subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica para o ano 2020-21 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020
A continuación descríbense brevemente as características principais desta líña de axudas, ainda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución de 3 de agosto de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións Código de procedemento IN421Y, IN421S (DOG de 12 de agosto de 2020).
RESOLUCIÓN do 16 novembro de 2020 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 30.1 da Resolución do 3 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para os anos 2020 e 2021, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG número 161, do 12 de agosto). (
DOG do 23 de novembro do 2020).
A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réximes de concurrencia non competitiva, e as solicitudes de adhesión presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro das solicitudes, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.
Beneficiarios
a) As Entidades locais de Galicia e as entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) As empresas legalmente constituidas e os autónomos.
Dotación da Axuda
Beneficiarios |
Anualidade 2020 |
Anualidade 2021 |
Empresas |
3.300.000 € |
875.000 € |
Administración Local |
100.000 € |
100.000 € |
Entidades sen ánimo de lucro |
100.000 € |
25.000 € |
Total |
3.500.000 € |
1.000.000 € |
Período de actuacións subvencionables
Data máxima para a xustificación será o 30 de xuño de 2021.
Presentación solicitudes beneficiarios
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude y presentar a documentación xustificativa da actuación) solo se admite a tramitación electrónica.
Inicio solicitude: 21 de setembro de 2020.
Fin solicitude: 1 de decembro de 2020 (incluido).
Resolución de interrupción do servizo [21/09/2020]. O prazo de solicitude iniciase de novo o mércores 23 de setembro as 09:00horas.
Acceso á aplicación de cumplimentación e presentación de solicitudes de axuda.
Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedimiento
a) Solicitude de axuda-anexo IV.
b) Autorización para a representación outorgada á entidade colaboradora-anexo V.
c) Memoria técnica da actuación, segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).
d) Tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000€.
Proxectos que se subvencionan
Para garantizar o correcto funcionamiento da aplicación, cumplirase o Regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT), e o de alta tensión se fose o caso. Establécese un rendimiento mínimo do panel fotovoltaico do 17% para que o proyecto sexa subvencionable.
A potencia máxima dos paneis fotovoltaicos será de 100 kWp.
A inversión elexible máxima por potencia unitaria estará limitada a 840 €/kWp sin IVA, que poderá incrementarse ata os 1.100 €/kWp, no caso de que se instale un sistema de baterías de litio cunha capacidade de acumulación igual ou superior á potencia pico da instalación.
Intensidade da axuda e cantidade máxima
A intensidade máxima da axuda, segundo o tipo de beneficiario será:
Beneficiarios |
Porcentaxe máximo de axuda |
Entidades locais |
80% |
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) |
80% |
Empresas, as súas agrupacións y asociacións así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas a ayuda incrementarase nun 20 % e no caso de medianas empresas nun 10 %. |
25% |
A cuantía máxima da axuda por proyecto para empresas e entidades locais será de 40.000 € e de 25.000 € para entidades sen ánimo de lucro.
Cada entidade colaboradora poderá solicitar como máximo 900.000 € en reserva de fondos.
Documentación complementaria solicitude
Máis información
Para información PRESENCIAL os interesados se deberán concertar cita previa no teléfono: 981 54 15 00.