A continuación se describen brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 28 de decembro de 2020, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico destinadas a particulares IN421P. (DOG do 18 de xaneiro do 2021).
Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nestas bases se tramitarán e se resolverán por orde de entrada no rexistro ata esgotamento de crédito.
Beneficiarios
a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial.
b) Comunidades o Mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
Dotación da axuda
TIPOLOXÍA | ORZAMENTO | FONDOS |
Biomasa | 1.950.000 € | Propios |
Xeotérmica | 600.000 € | Propios |
Aerotérmica | 500.000 € | Propios |
Solar térmica | 50.000 € | Propios |
Período de actuacións subvencionables
Coa finalidade de incentivar o uso das enerxías renovables, o período de execución das inversións comeza unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade pola entidade colaboradora, e a data máxima para a súa xustificación será o 30 de setembro de 2021.
Presentación solicitude beneficiarios
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) so se admite a tramitación electrónica.
TIPOLOXÍA | INICIO SOLICITUDE |
Biomasa | 1 de marzo as 9.00h |
Aerotermia | 2 de marzo as 9.00h |
Xeotermia | 5 de marzo as 9.00h |
Solar térmica | 5 de marzo as 9.00h |
Acceso á aplicación de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda.
Fin solicitude: 1 de xullo de 2021 para todas as tipoloxías de proxectos.
Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas Renovables 2021.
Manual de usuario para a cumprimentación/presentación de solicitudes
Documentación mínima necesaria para a tramitación do procedemento
Intensidade da axuda e contía máxima
Documentación complementaria solicitude
Mais información
Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 54 15 00.