INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2021 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES PARA ADMINISTRACIÓN LOCAL, ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, EMPRESAS E AUTÓNOMOS

A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, ainda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia  2014-2020.  (DOG do 25 de maio de 2021).

Obxeto

Regular a concesión de subvencións, en réximen de concurrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a biomasa, a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica, executados en Galicia para a Administración local, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes
•    Inicio: dende o día 26 de maio de 2021
•    Fin: 25 de xuño de 2021

Só se admite a presentación electrónica.
Os interesados realizarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electrónicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras. 

Beneficiarios

Podrán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e as entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) As empresas legalmente constituidas e autónomos.
 
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas  dos sectores excluidos do ámbito de aplicación do Reglamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, no seu artigo 1.3, entre as que figuran:
 
a)   As empresas do sector da pesca e da acuicultura segundo se recolle no Reglamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013.
b)   Aquelas que operan na transformación e comercialización dos productos agrícolas:
•    Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
•    Cando a axuda esté supeditada a que unha parte ou a totalidade desta repercutise aos produtos primarios.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que operen no sector de produción agrícola primaria coas actividades incluidas na sección A, concretamente as clases dende a 1.11 á 02.40, ambas excluidas.

Intensidade das axudas e cuantías máximas

A cuantía máxima da axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación e tendrá as siguientes intensidades por beneficiario:

Tipo de Beneficiario - Intensidade máxima da axuda    
- Entidades locais: 80%   
- Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica): 80%
- Empresas, a suas agrupacións e asociacións, así coma entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica: 50%. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais.

Tendo en conta que na presente convocatoria se aplica a sección 7 do capítulo III do Regulamento (UE) nº 651/2014 como axudas a inversión para a promoción da enerxía procedente de fontes renovables (artigo 41.6.b), para as tipoloxías de biomasa tipo B e para os proxectos de aerotermia e xeotermia establecese como reducción, pola inversión equivalente menos respectuosa co medio natural, un 20% dos valores da tipoloxía B3 da táboa dos costes elexibles de biomasa, valores que están establecidos en función da potencia da instalación. Para as tipoloxías A de biomasa, a reducción será dun 20% sobre os valores dos seus costes elexibles máximos, reduccións que tamén serán aplicables aos proxectos de enerxía solar térmica.

A cuantía máxima da axuda por proxeto de biomasa será de 250.000 €. En proxetos de aerotermia e xeotermia a axuda máxima será de 100.000 €; e en solar térmica será de 15.000 €.

Prazo de execución e xustificación

A data límite para executar o proxeto e presentar a documentación xustificativa das inversións será o 15 de xullo de 2021.

Modelos de documentos

- Otorgamento de representación
- Memoria técnica Biomasa
- Memoria técnica Bombas de Calor Xeotermia e Aerotermia
- Memoria técnica Solar Térmica
- Anexo - Renuncia
 

Modelos de documentos para a xustificación da inversión

- Modelo obrigatorio de publicidade 

Acceso á aplicación informática

Acceso á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.