INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación

logo_FEDER

SUBVENCIÓN DE PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA, PARA O ANO 2021-2022 COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL, NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER-GALICIA 2014-2020 (IN421S)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta líña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución de 25 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvención de proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2021-2022 cofinanciadas polo fondo europeo de desenvolvemento rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020 (IN421S). (DOG do 7 de xullo do 2021).

A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.

Beneficiarios

a) As Entidades locais de Galicia e as entidades delas dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) As empresas legalmente constituidas e os autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
 

Dotación orzamentaria

 
Beneficiarios Anualidade 2021 Anualidade 2022 Aplicación Orzamentaria
Empresas 3.300.000 € 875.000 € 06.A3.733A.770.7
Administración Local 100.000 € 100.000 € 06.A3.733A.760.8
Entidades sen ánimo de lucro 100.000 € 25.000 € 06.A3.733A.781.7
Total 3.500.000 € 1.000.000 € 4.500.000 €

Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data límite para executar e xustificar o investimento será o 15 de xullo de 2022.

Presentación solicitudes

Prazo para a presentación solicitudes:
Inicio: 16 de xullo de 2021 ás 9:00 horas.
Fin: 1 de decembro de 2021 (incluído).

So se admitirá a tramitación electrónica.


Os interesados presentarán as solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios e presentalos electrónicamente xunto ca  documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Acceso á aplicación de cumplimentación e presentación de solicitudes de axuda.

Documentación mínima necesaria para a tramitación da solicitude

Ademais de encher o correspondente formulario cos datos e identificación do solicitante e xerais da actuación (anexo I de solicitude), deberase achegar a través da aplicación a seguinte documentación mínima:
 
-    Anexo II,  Poder de representación da persoa que presenta a solicitude, cando proceda.
-    Tres ofertas de distintos provedores cando la inversión sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.
-    Memoria técnica da actuación, segundo el modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal).
 

Proxectos que se subvencionan

Para garantizar o correcto funcionamiento da aplicación, cumprirase o Regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT), e o de alta tensión se fose o caso. Establécese un rendemento mínimo do panel fotovoltaico do 17% para que o proxecto sexa subvencionable.

A potencia máxima dos paneis fotovoltaicos será de 100 kWp.

O investimento máximo por potencia unitaria estará limitada a 840 €/kWp sen IVA,  que poderá incrementarse ata os 1100 €/kWp, no caso de que se instale un sistema de baterías de litio cunha capacidade de acumulación igual ou superior á potencia pico da instalación.
 

Intensidade da axuda e cantidade máxima

A intensidade máxima da axuda, segundo o tipo de beneficiario será:
 
Beneficiarios Porcentaxe máximo de axuda
Entidades locais 80%
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) 80%
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 5 puntos porcentuais. 20%
 
A contía máxima da axuda por proxecto para empresas e entidades locais será de 40.000 € e de 25.000 € para entidades sen ánimo de lucro.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ó valor do mercado.

Modelos de documentos

- Autorización para a representación Anexo II.
- Memoria técnica solar fotovoltaica.
- Anexo excel de Balance enerxético.
- Modelo de renuncia.
- Solicitude de modificación de proxecto.
- Modelo obrigatorio de publicidade.
- Informe técnico da actuación realizada.
 

Máis información

Para solicitar mais información pode poñerse en contacto no teléfono: 981 541 500.