INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

ILE  - Proxectos de Renovación das instalacións de iluminación pública exterior EXISTENTES 2015  

Inicio solicitude: 31 de marzo de 2015
Fin solicitude: 30 de abril de 2015
Estado:  Aberto

Enlace á aplicación informática

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas:

Lexislación Reguladora

Resolución do 18 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética referidos á renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (ILE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. DOG núm. 60 - Lunes 30 de marzo de 2015.

Resolución do 13 de xullo de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución do 18 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética referidos á renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (ILE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013. DOG núm 133 - Xoves 16 de xullo de 2015.

Resolución do 17 de xullo de 2015 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE) nos concellos de Galicia, sobre a base da convocatoria realizada por Resolución do 18 de marzo de 2015 deste mesmo órgano (Diario Oficial de Galicia número 60, do 30 de marzo). DOG núm. 139 - Venres 24 de xullo de 2015 .

Resolución do 17 de agosto de 2015 sobre ampliación dos prazos establecidos nos artigos 2 e 21 da Resolución do 18 de marzo de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións de aforro e eficiencia enerxética para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (ILE) e con financiamento en parte procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 30 de marzo). (DOG núm. 160 do 24 de agosto de 2015).

Concepto

Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE), baseadas en tecnoloxías obsoletas, por outras actuais e máis eficientes, aplicando criterios de aforro e eficiencia enerxética que segundo se establece no Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, acaden unha cualificación enerxética A ou B. Non se subvencionarán proxectos que teñan unha cualificación enerxética igual ou inferior a C.

Inscrición das solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de abril de 2015 as 23:59h.
 
Unha vez cubertos e confirmados os formularios, a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es e na páxina web do Inega (www.inega.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do CIF da entidade local e o contrasinal determinado por esta.

Enlace á aplicación informática

Modelos:

- Memoria técnica ILE.

- Placa informativa da actuación.

- Informe Xustificación.

- Declaración de outras axudas.

Certificado de inspección da instalación por un organismo de control autorizado no campo regulamentario

O certificado de inspección da instalación terá como alcance o cumprimento de:

  • Rd 842/2002, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico de baixa tensión.
  • Rd 1890/2008, polo que se aproba o Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior.

Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas entre o 31 de marzo de 2015 e o 15 de outubro de 2015. O último día para presentar a documentación xustificativa do investimento será o 31 de outubro de 2015

Beneficiarios (máis información no artigo 4 das bases reguladoras)

  • Concellos de Galicia que efectúen a súa solicitude individualmente.
  • Os concellos de Galicia que formulen a súa petición de maneira conxunta constituídos en agrupación ou asociación. 
  • As mancomunidades e consorcios locais de Galicia.

 

Todas as instalacións deberán contar cunha auditoría enerxética segundo a memoria técnica a que se refire o artigo 6.1B.1 dispoñible nesta web.

Contía máxima da axuda

A contía máxima de subvención será en xeral do 70 % do investimento elixible, tendo en conta que este investimento elixible será como máximo de 60.000 €. No caso de fusión, agrupación ou asociación de concellos a contía máxima incrementarase nun 15 % do que lle correspondería a cada concello no caso de presentación individual.