INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS ANO 2016 PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN, MOBILIDADE ALTERNATIVA E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

Inicio solicitude: Desde o 9 de setembro de 2016
Fin solicitude: 8 de outubro de 2016

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 10 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2016 . (DOG do 8 de setembro de 2016).

Resolución do 28 de outubro de 2016 pola que se redistribúen e se amplían os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 10 de agosto de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e de servizos para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG núm 210 do 4 de novembro de 2016).
 
Resolución do 29 de novembro de 2016, pola que se modifica o artigo 21 da Resolución do 10 de agosto de 2016  pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2016-2017, para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e de servizos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG núm 231 do 2 de decembro de 2016).
 
Resolución do 20 de decembro de 2016 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de auditorías enerxéticas, a implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores da industria e servizos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e incluídas na convocatoria efectuada mediante Resolución do 10 de agosto de 2016. (DOG núm. 248 do 29 de decembro de 2016).
 
Resolución do 25 de agosto de 2017 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 21 da Resolución do 10 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e de servizos para os anos 2016 e 2017, cofinanciadas polos fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro). (DOG núm 165 do 31 de agosto de 2017).

Concepto subvencionables

- Auditorías enerxéticas integrais.

- Mobilidade alternativa. Adquisición de novos vehículos ou transformación dos existentes.

- Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.

- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industria e servizos.

Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo ou sistemas auxiliares; renovación ou mellora de equipamentos de instalacións existentes de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas; mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación existentes nos centros de produción; proxectos de instalacións fotovoltaicas, minieólicas, solares térmicas e bombas de calor que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética da empresa; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético; ou calquera outra actuación que implique, como mínimo, o aforro enerxético que se indica nas bases das axudas.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros por actuación salvo no caso de auditorías enerxéticas e mobilidade alternativa cuxo investimento mínimo será de 6.000 euros.

Cada empresa poderá presentar unha ou varias solicitudes. Cada solicitude contemplará un único proxecto técnico que pode constar de unha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas executadas nun mesmo emprazamento e que se valorarán de xeito conxunto.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector industria (Sección B, C e D do CNAE-2009) e no sector servizos (Seccións G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE-2009). Exceptúase a industria extractiva enerxética, as de refino de petróleo e  biocombustibles, así como as empresas de xeración, transporte e distribución da enerxía eléctrica.

Tamén poderán ser beneficiarias as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía situadas en Galicia que cumpran os requisitos do parágrafo anterio. Estas deberán presentar unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda, así como a constancia por escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación da que se solicita a subvención.

Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas entre o día no que se presente a solicitude de axuda e o 2 de outubro do 2017. En todo caso, e como mínimo, deberá de presentar antes do 1 de decembro de 2016, o proxecto de execución asinado por un técnico competente ou un contrato no que se detallen as actuacións proxectadas.

Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 30% do custe elixible da nova instalación, con un máximo de 200.000 euros por proxecto. No caso de axudas concedidas a pequenas e medianas empresas a intensidade da axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais, ata o 40% do custe elixible.

No caso de axudas para a elaboración de auditorías enerxéticas a intensidade de axuda será do 50% do custe elixible.

Presentación de solicitudes

Só se admite a presentación electrónica de solicitudes.

Os interesados deben dirixirse á aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica no artigo 8 das bases reguladoras.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509v3.

Prazo para a presentación da solicitude

Desde as 09:00 horas do 9 de setembro de 2016 ata as 23:59 horas do día 8 de outubro de 2016.

Documentación complementaria solicitude 

Declaración de otorgación de representación

- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa

Auditorías

- Memoria técnica AE

- Ficha de consumos AE

- Contido mínimo auditorías enerxéticas

Mobilidade alternativa

- Memoria técnica MA

- Ficha de consumo MA

Sistemas de xestión

- Memoria técnica SX

- Ficha de consumo SX

Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación

- Memoria técnica PAE-Iluminación

Proxectos de aforro e eficiencia

- Memoria técnica PAE

- Memoria técnica adicional edificios PAE 

- Ficha de consumo PAE

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 12.2 das bases reguladoras da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e  en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:

- Enviarase un correo electrónico á dirección indicada na solicitude informando da posta a disposición da notificación de emenda electrónica.

- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital.

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada

- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude

- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER

- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER

- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)

- Formulario de resultados de Auditorías Enerxéticas

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.