INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS ANO 2017 PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA E HOTELEIRO

Inicio solicitude: Desde 25 de maio de 2017
Fin solicitude: 6 de xullo de 2017

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 16 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e hoteleiro para o ano 2017 e 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marca do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y) . (DOG do 24 de maio de 2017).

Concepto subvencionables

- Auditorías enerxéticas.

- Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.

- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industria e hoteleiro.

Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo do sector industrial e hoteleiro, asi como dos sistemas auxiliares; mellora de instalacións de iluminación cunha redución anual do 40% con respecto ao consumo inicial; proxectos de instalacións fotovoltaicas, solares térmicas e bombas de calor  que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresa; calquera outra actuación que implique un aforro enerxético, como mínimo do 20% respecto do consumo incial; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros, que se reduce a 4.000 euros no caso das auditorías enerxéticas.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector hoteleiro ou da industria. Para efectos desta resolución considerárase sector hoteleiro os servizos de aloxamento incluídos entre as clases 55.10 e 55.90 da CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D da CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. 
 
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. 

 Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas entre o día en que se presente a solicitude de axuda e o 15 de setembro de 2018.

Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 30% do investimento subvencionable, cun máximo de 500.000 € por proxecto. No caso de axudas concedidas a pequenas e medianas empresas a intensidade de axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais, ata o 40 % do custo elixible.

No caso de axudas para a elaboración de auditorías enerxéticas a intensidade de axuda será do 50 % do custo elixible. 

Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 25 de maio e remata o 6 de xullo de 2017.

Documentación complementaria solicitude 

Declaración de outorgamento de representación

- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa

Auditorías

- Memoria técnica AE

- Ficha de consumos AE

- Contido mínimo auditorías enerxéticas

Sistemas de xestión

- Memoria técnica SX

- Ficha de consumo SX

Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación

- Memoria técnica PAE-Iluminación

Memoria técnica adicional edificios PAE

Proxectos de aforro e eficiencia

- Memoria técnica PAE

- Memoria técnica adicional edificios PAE

- Ficha de consumo PAE

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 13.2 das bases reguladoras da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e  en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:

- Enviarase un correo electrónico á dirección indicada na solicitude informando da posta a disposición da notificación de emenda electrónica.

- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital.

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada

- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude

- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER

- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER

- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)

- Formulario de resultados de Auditorías Enerxéticas

Modelos de documentos

- Anexo Renuncia

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.