INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS ANO 2018 PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA, SERVIZOS E AGRICOLA PRIMARIA

Inicio solicitude: Desde 31 de xaneiro de 2018
Fin solicitude: 28 de febreiro de 2018

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y) . (DOG do 30 de xaneiro de 2018). 

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018 pola que se redistribúen e se amplían os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. (DOG do 26 de xuño de 2018).

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de auditorías enerxéticas, a implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria, servizos e agrícola primario, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e incluídas na convocatoria efectuada mediante a Resolución do 26 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2018). (DOG do 27 de xuño de 2018).

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2018 sobre ampliación dos prazos establecidos no artigo 22 da Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2018). (DOG do 11 de setembro de 2018).

Conceptos subvencionables

- Auditorías enerxéticas.

- Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.

- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industria, servizos e agricola primario.

Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, servizos e agrícola primario, así como dos sistemas auxiliares; mellora de instalacións de iluminación cunha redución anual do 40% con respecto ao consumo inicial; proxectos de instalacións fotovoltaicas, solares térmicas e bombas de calor  que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresa; calquera outra actuación que implique un aforro enerxético, como mínimo do 20% respecto do consumo inicial; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros, que se reduce a 3.000 euros no caso das auditorías enerxéticas. O investimento máximo da actuación para que sexa subvencionable establécese en 200.000 € por solicitude.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos, agrícola primaria ou da industria. A efectos desta resolución considerárase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Para os efectos desta resolución considerárase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 á 02.40 do CNAE 2009, ambas as dúas incluídas . Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D da CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. 
 
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no apartado anterior.

 Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data limite para presentar a solicitude será o 30 de setembro de 2018.

Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 31 de xaneiro e remata o 28 de febreiro de 2018.

Documentación complementaria solicitude 

Declaración de outorgamento de representación

- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa

- Declaración empresa non en crise

Auditorías

- Memoria técnica AE

- Ficha de consumos AE

- Contido mínimo auditorías enerxéticas

Sistemas de xestión

- Memoria técnica SX

- Ficha de consumo SX

Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación

- Memoria técnica PAE-Iluminación

- Memoria técnica PAE-Iluminación Anexo

- Memoria técnica adicional edificios PAE

Proxectos de aforro e eficiencia

- Memoria técnica PAE

- Memoria técnica adicional edificios PAE

- Ficha de consumo PAE

- Información adicional proxectos xeración eléctrica

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 13.2 das bases reguladoras da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e  en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:

- Enviarase un correo electrónico á dirección indicada na solicitude informando da posta a disposición da notificación de emenda electrónica.

- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital.

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada proxectos xeración eléctrica

- Informe técnico da actuación realizada excepto proxectos xeración eléctrica

- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude

- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER

- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER

- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)

- Formulario de resultados de Auditorías Enerxéticas

Certificado de finalización da instalación

Declaración expresa do beneficiario de clasificación da instalación de xeración eléctrica

Modelos de documentos

- Anexo Renuncia

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.