INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDERlogo_MOVES

SUBVENCIÓNS ANO 2019 PARA MOBILIDADE EFICIENTE E SOSTIBLE (PROGRAMA MOVES EN GALICIA)

 

- Inicio solicitude de adhesión de entidades colaboradoras (Actuación 1 e 2) : Desde 20 de maio de 2019 (artigo 5.3).

- Inicio prazo de solicitude axudas: 9:00h do 17 de xuño de 2019 (artigo 7).

- Fin solicitude: 31 de decembro de 2019.

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas

 

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas en réxime de concorrencia non competitiva, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 10 de abril de 2019  pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondente ao programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sostible (Programa MOVES) para as anualidades 2019 a 2021 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020 (Códigos IN421Q e IN421R) . (DOG do 16 de abril de 2019). Bases da convocatoria (BOE do 16 de febreiro de 2019).

 

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES). Anualidade 2019 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). (DOG do 24 de abril do 2019).

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES). Anualidade 2019 (códigos de procedemento IN421Q e IN421R). (DOG do 31 de maio de 2019).

Conceptos subvencionables

- Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas, sendo obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.

Pode consultar no seguinte link os vehículos subvencionables:

http://coches.idae.es/base-datos/vehiculos-elegibles-programa-MOVES

- Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

- Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

- Actuación 4: Implantación de medidas contidas en plans de transporte ó traballo en empresas.

 tabla_actuaciones_MOVES

 

Beneficiarios

 tabla_actuaciones_MOVES_beneficiarios

 Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as iniciadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e rematadas no prazo máximo dun ano desde que se notifica a concesión da axuda.


Polo tanto,  o contrato de merca (no caso de persoas xurídicas públicas terase en conta a data de publicación de pregos de licitación), a totalidade das facturas e dos xustificantes de pagamento teñen que ter data posterior a solicitude de axuda, e anterior ao prazo máximo dun ano contado desde a notificación da concesión da axuda.

Prazo para a presentación da solicitude

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, http://www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Poderá facer a presentación electrónica:

  • Para a Actuación 1: Os concesionarios adheridos como entidade colaboradora. As entidades públicas poderán solicitar directamente.
  • Para a Actuación 2: As empresas instaladoras adheridas como entidade colaboradora. As entidades públicas poderán solicitar directamente.
  • Para a Actuación 3 ou 4: O solicitante ou representante legal.

O solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Documentación obrigatoria para admitir a trámite a solicitude:
Para formular a solicitude, ademais de encher o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (Anexo III de solicitude), deberase aportar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:
     a) Solicitude de axuda- Anexo III
     b) Autorización para a representación - Anexo IV, salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital.
    c) Unha oferta dun provedor para todas as actuacións e, salvo para a Actuación 1.- Adquisición de vehículos de enerxías alternativas, tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.

As solicitudes que no momento de presentación da solicitude non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.

SOLICITUDE DE ADHESIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS


Poderán ser entidades colaboradoras:

1º    Para a Actuación 1:  Os concesionarios ou puntos de venta cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 Comercio ao por maior de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios,  ou 654.1 comercio ao pormenor de vehículos terrestres.
2º    Para a Actuación 2: As empresas con actividade de instalación de baixa tensión. Será necesario que estas empresas estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).

Proceso de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras

a.-A primeira vez que a entidade colaboradora acceda a aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

b.- A entidade colaboradora deberá acceder a aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para encher a solicitude de adhesión (Anexo I) e  o convenio de colaboración (Anexo II), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos - o segundo por duplicado-.
Unha vez xerada a solicitude normalizada (Anexo I), deberá presentala  por vía electrónica.
 

Contía máxima da axuda


Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas
A contía da axuda será a establecida na seguinte táboa: tabla_actuaciones_MOVES_contiamaxima
Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

A axuda será do 30 % do custe subvencionable para empresas privadas e do 40 % para o resto de posibles beneficiarios cun máximo de 100.000 € por solicitante.

Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

A axuda será do 30 % do custe subvencionable cun máximo de 100.000 € por solicitante.

Actuación 4: Implantación de medidas contidas en plans de transporte ó traballo en empresas.

A axuda será do 40 % do custe subvencionable para grandes empresas e do 50 % para o resto de posibles beneficiarios cun máximo de 200.000 € por solicitante.

Prazo de execución e xustificación

O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 12 meses contados desde a data  de notificación da resolución de concesión. Ademais, o prazo de execución das actuacións en ningún caso poderá exceder o 30 de xuño de 2021.

Documentación complementaria solicitude

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 13.2 das bases reguladoras da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e  en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:
- Enviarase un correo electrónico á dirección indicada na solicitude informando da posta a disposición da notificación de emenda electrónica.
- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario, correo electrónico e contrasinal.
- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital.

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Manual de imaxe do programa
- Certificado de finalización da instalación

Modelos de documentos

- Solicitude Renuncia (Anexo VI)
- Solicitude Modificación (Anexo VIII)

Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras. Dispoñible a partir do 20 de maio.

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.