INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

PLAN GALEGO DE TRANSICIÓN A UNHA MOBILIDADE EFICIENTE ANO 2019

Prazo solicitude de adhesión de entidades colaboradoras:  9 de xullo a 6 de novembro de 2019 (artigo 4.2).

Inicio prazo de solicitude axudas: 9:00 h do 24 de xullo de 2019 (artigo 4.3)
Finalización  prazo de solicitude: 6 de novembro de 2019

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas


A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas en réxime de concorrencia non competitiva, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativas ó Plan de Transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se procede a convocatoria para a anualidade 2019 (Códigos IN421U e IN421T). (DOG do 8 de xullo de 2019).

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U). (DOG do 12 de xullo de 2019).

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2019 sobre modificación dos prazos de vixencia e adhesión establecidos nos artigos 3 e 4 da Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U), (Diario Oficial de Galicia número 128, do 8 de xullo). (DOG do 28 de agosto de 2019).

Conceptos subvencionables

Será subvencionable a adquisición de vehículos novos turismos (M1) ou furgonetas (N1) que cumpran as características enerxéticas indicadas a continuación e teñan un custo inferior ou igual a 40.000 € (impostos incluídos).

a) Turismos (M1) con clasificación enerxética “A” e un valor máximo de emisións segundo o ciclo NEDC de 120 g CO2/km. Establécense dúas categorías que recibirán diferente intensidade de axuda:
Nivel A: Cun valor máximo de emisións de 100 g CO2/km
Nivel B: Cun valor máximo de emisións de 120 g CO2/km

b) Furgonetas (N1) cun valor máximo de emisións segundo o ciclo NEDC de 137 g CO2/km
Para verificar o cumprimento destes requisitos enerxéticos terase en conta a información dispoñible na Base de Datos de Vehículos dispoñible na páxina web do IDAE. Pode consultar a base de datos de vehículos no seguinte link:
http://coches.idae.es/base-datos/marca-y-modelo

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación:

a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

TIPO DE BENEFICIARIO ORZAMENTO (€)
PERSOAS FÍSICAS 800.000
AUTÓNOMOS OU EMPRESAS 300.000

 

Para acceder a subvención, será requisito imprescindible que o adquirinte titular do vehículo subvencionable acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo a achatarrar no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico, mediante a presentación do correspondente certificado acreditativo da baixa definitiva do vehículo. O vehículo a achatarrar deberá ser, indistintamente, de categoría M1 ou N1, estar matriculado en España e ter unha antigüidade, contada dende a data da súa primeira matriculación e ata a o día no que se fai a solicitude da axuda, de polo menos dez anos. Adicionalmente, o vehículo a achatarrar deberá ter en vigor a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) na data na que se solicita a axuda e o adquirinte titular do vehículo susceptible de axuda deberá ostentar a titularidade do vehículo achatarrado, como mínimo un ano antes da solicitude da axuda.

Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as iniciadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e rematadas na data límite do 6 de novembro de 2019.
Polo tanto,  a totalidade das facturas e dos xustificantes de pagamento teñen que ter data posterior a solicitude de axuda, e anterior ao 6 de novembro.

Contía da axuda

Na seguinte táboa resúmese a axuda do Plan en función do tipo de vehículo

TIPO DE VEHÍCULO AXUDA INEGA DESCONTO CONCESIONARIO (antes de impostos) TOTAL
Turismo M1, Nivel A : Clase A e emisións de ata 100 g CO2/km 750 € 750 € 1.500 €
Turismo M1, Nivel B: Clase A e de 100 ata 120 g CO2/km 500 € 500 € 1.000 €
Furgonetas o camións lixeiros N1: Emisións ata 137 g CO2/km 500 € 500 € 1.000 €

 

O aforro por vehículo do Plan de Transición a unha mobilidade eficiente corresponderá un 50% a axuda publica e o outro 50% a un desconto antes de impostos asumido polo fabricante/importador ou punto de venta. O pago da axuda realizarase directamente ao concesionario, polo que o beneficiario final xa non terá que desembolsala previamente.

Unha persoa física solo poderá adquirir un único vehículo M1 ou N1.

Un autónomo ou empresa so poderá adquirir un máximo de dous vehículos N1.

Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras

O prazo de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras é do  9 de xullo  a 6 de novembro de 2019 (artigo 4.2)

Poderán ser entidades colaboradoras os concesionarios ou puntos de venda cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 Comercio ao por maior de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios,  ou 654.1 comercio ao pormenor de vehículos terrestres. As entidades colaboradoras teñen que ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Proceso de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras

a.- A primeira vez que a entidade colaboradora acceda a aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para encher as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

b.- A entidade colaboradora deberá acceder a aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) para encher a Solicitude de adhesión (Anexo II) e  o Convenio de colaboración (Anexo III).


Unha vez xerada a solicitude normalizada deberá presentala  por vía electrónica.

Se a documentación presentada está completa formalizarase a adhesión da entidade colaboradora. No caso de detectarse algunha deficiencia procederase ao envío dun requirimento de emenda, suspendéndose a formalización da adhesión da entidade colaboradora ata que complete a totalidade da documentación.

Prazo para a presentación da solicitude de axuda

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 24 de xullo de 2019 as 9:00 h e remata o 6 de novembro de 2019.
 

A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, asignando os fondos por orde de entrada no rexistro.

Procedemento presentación de solicitudes de axuda

Só poderán presentar solicitudes as entidades colaboradoras adheridas.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal.

Para poder presentar a solicitude deberase achegar conxuntamente coa solicitude copia dixitalizada da seguinte documentación:
-    Poder de representación.
-    Oferta do vehículo que se pretende adquirir.
-    Captura da Base de datos de Vehículos da páxina web do IDAE.
-    Fotocopia da Ficha Técnica (tarxeta ITV) do vehículo a achatarrar.
-    Permiso de circulación do vehículo a achatarrar.

O solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Unha vez presentada a solicitude e reservados os fondos a axuda considerarase preconcedida e poderase proceder a súa execución e posteriormente a presentar a solicitude de pagamento.

Documentación complementaria solicitude

- Declaración de outorgamento de representación (Anexo V)

Solicitude de pagamento

Unha vez feita a reserva de fondos e executada a actuación poderá solicitar o pagamento da axuda cumprimentando e presentando a través da a aplicación informática  o Anexo VI de Solicitude de pagamento acompañado da seguinte documentación:
a) Facturas.
b) Documentación xustificativa do pagamento.
c)  Ficha Técnica (tarxeta ITV) do vehículo adquirido.
d)  Permiso de Circulación do vehículo adquirido ou Permiso de Circulación Provisional emitido pola Dirección Xeral de Tráfico.
e) Certificado acreditativo da baixa definitiva do vehículo a achatarrar.

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 14 da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e  en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:
- Enviarase un correo electrónico á dirección indicada na solicitude informando da posta a disposición da notificación de emenda electrónica.
- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico dispoñible na aplicación co seu usuario, correo electrónico e contrasinal.
- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital. 

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de adhesión de entidades colaboradoras.

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.