INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS ANO 2020 PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA E SERVIZOS

Inicio solicitude: Desde o 21 de xaneiro de 2020
Fin solicitude: 20 de febreiro de 2020

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y).(DOG do 20 de xaneiro de 2020).

Conceptos subvencionables

- Auditorías enerxéticas.

- Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.

- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e servizos.

Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo do sector industrial e servizos, así como dos sistemas auxiliares; mellora de instalacións de iluminación cunha redución anual do consumo do 40% con respecto ao consumo inicial; proxectos de coxeración e biogás  que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresas; calquera outra actuación que implique un aforro enerxético como mínimo do 20% respecto do consumo inicial; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros, que se reduce a 3.000 euros no caso das auditorías enerxéticas.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos e industria. A efectos desta resolución considerárase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección  B, C ou D da CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. 
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no apartado anterior.

Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data limite para executar e xustificar o investimento será o 30 de setembro de 2020.

Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 15 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. Con carácter xeral a axuda máxima por proxecto ascende a 100.000 €, se ben podería chegar ata 1.000.000 € para proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro enerxético.

Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
 

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de xaneiro e remata o 20 de febreiro de 2020.

Documentación complementaria solicitude 

- Declaración de outorgamento de representación

- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa

Auditorías

- Memoria técnica AE

- Ficha de consumos AE

- Contido mínimo auditorías enerxéticas

Sistemas de xestión

- Memoria técnica SX

- Ficha de consumo SX

Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación

- Memoria técnica PAE-Iluminación

- Memoria técnica adicional edificios PAE

Proxectos de aforro e eficiencia

- Memoria técnica PAE

- Memoria técnica adicional edificios PAE

- Ficha de consumo PAE

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 16.2 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.


Este sistema remitirá as persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.


Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
 

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada

- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude

- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER

- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER

- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)

- Formulario de resultados de Auditorías Enerxéticas

- Certificado de finalización da instalación

- Certificado de obra do sistema de captación xeotérmica

Modelos de documentos

- Anexo Renuncia

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.