INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2020 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES E AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA


A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 19 de decembro  de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables e aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria, para o ano 2020. (DOG do 22 de xaneiro de 2020). 

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L). (DOG do 6 de marzo de 2020).

Conceptos

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Serán subvencionables as seguintes tecnoloxías: biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica, minieólica e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes

  • Inicio solicitude: 10 de febreiro de 2020 ás 09:00h.
  • Fin solicitude: 15 de maio de 2020.


O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 10 de febreiro ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 15 de maio de 2020.

So se admite a presentación electrónica.


Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electrónicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Requirimentos Técnicos da aplicación

Dependendo do Sistema Operativo instalado:

  • S.O. Windows:

  • - Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer, Firefox, Google Chrome.
    - Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
    - Ter instalado a última versión de Java , Autofirma para Windows (32 bits ou 64 bits).

  • S.O. MAC:
  • - Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Google Chrome
    - Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
    - Ter instalado Autofirma para Mac.

  • S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04):
  • - Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome
    - Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
    - Ter instalado Autofirma para Linux.


Documentación obligatoria para admitir a trámite a solicitude 

Para formular a solicitude, ademais de cubrir o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (Anexo III de solicitude), deberase achegar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:

- Poder de representación da persoa que presenta a solicitude (salvo empresas que soliciten directamente co seu correspondente certificado).
- Memoria técnica do proxecto segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal) cuberta na súa totalidade.
- Unha oferta dun proveedor para proxectos cun custo total inferior a 15.000 € e tres ofertas para os de custe superior (ou declaración expresa motivada de que non existe no mercado máis empresas que presten este servizo).
 

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos,  que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
 
Considerarase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e en concreto as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009 ambas incluídas.Tamén serán subvencionables as actividades contempladas no IAE que se corresponda con estas clases do CNAE -2009.
 
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros consumidores nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no apartado anterior.

Intensidade de axudas e contías máximas

A contía da axuda será do 35 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 € por proxecto e de 300.000 € por empresa salvo para instalación de autoconsumo colectivo que pode chegar a 500.000 €. A intensidade da axuda incrementarase un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas.

Prazo de execución e xustificación

A data límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2020. Os proxectos non poden estar iniciados antes da data de presentación da solicitude da axuda.

Documentación complementaria solicitude

- Declaración capacidade administrativa
- Declaración outorgamento representación
- Declaración responsable para proxectos de instalación de xeración eléctrica (fotovoltaica, minieólica)
- Ficha de consumos proxectos aforro
- Ficha de consumos renovables termica

 Memoria técnica, en función da tipoloxía de proxecto:

- Memoria técnica Fotovoltaica-Minieólica
- Memoria técnica Biomasa-Biogás
- Memoria técnica Xeotermia-Aerotermia
- Memoria técnica Solar térmica
- Memoria técnica proxectos de aforro en iluminación
- Memoria técnica outros proxectos de aforro

Documentación complementaria xustificación

- Declaración proxecto executado e xustificación da publicidade
- Informe técnico actuación realizada
- Declaración do instalador e do beneficiario de que a instalación de autoconsumo clasifícase como autoconsumo con ou sen excedentes
- Certificado de obra sistema de captación xeotermica
- Modelo placa publicidade
- Modelo certificado finalización instalación
- Modelo Renuncia

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.