INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria

logo_FEDERlogo_MOVES

SUBVENCIÓNS ANO 2020 PARA MOBILIDADE EFICIENTE E SOSTIBLE (PROGRAMA MOVES II EN GALICIA)

 

- Inicio do prazo de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras (Actuación 1 e 2): Dende o 11 de setembro de 2020 (artigo 6.3).

- Inicio do prazo de solicitude das axudas: 9:00h do 1 de outubro de 2020 (artigo 7.2).

- Fin do prazo de solicitude: 10 de setembro de 2021.

Consultar a listaxe de entidades colaboradoras adheridas. Pendente de publicar.

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas en réxime de concorrencia non competitiva, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondente ao programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sostible (Programa MOVES II) Anualidade 2020. (IN421Q, IN421R). (DOG do 10 de setembro de 2020). Bases da convocatoria (BOE do 17 de xuño de 2020), modificado por (BOE do 4 de xullo de 2020) e publicada a corrección de erros (BOE do 16 de setembro de 2020).

Conceptos subvencionables

- Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.

Pode consultar no seguinte link os vehículos subvencionables:

http://coches.idae.es/base-datos/vehiculos-elegibles-programa-MOVES-II

- Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

- Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

- Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sostible ao traballo.

 tabla_actuaciones_MOVES

 

Beneficiarios

 tabla_actuaciones_MOVES_beneficiarios

 Período de actuacións subvencionables

Con carácter xeral considéranse actuacións subvencionables as iniciadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e rematadas no prazo máximo dun ano desde que se notifica a concesión da axuda.

Polo tanto, o contrato de merca (no caso de persoas xurídicas públicas terase en conta a data de publicación de pregos de licitación), a totalidade das facturas e dos xustificantes de pagamento teñen que ter data posterior a solicitude de axuda, e anterior ao prazo máximo dun ano contado desde a notificación da concesión da axuda.

Non obstante, segundo o recollido na Disposición Adicional Segunda do Real Decreto 569/2020, as adquisicións de vehículos realizadas por persoas físicas sen actividade profesional ou que non desenvolvan actividade económica, que foran formalizadas a partir da entrada en vigor de este real decreto (18/06/2020), serán consideradas actuacións subvencionables.

Presentación da solicitude de axuda

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible dende a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, http://www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.
Poderá facer a presentación electrónica:
    • Para a Actuación 1: Os concesionarios adheridos como entidade colaboradora. As entidades públicas poderán solicitar directamente.
    • Para a Actuación 2: As empresas instaladoras adheridas como entidade colaboradora. As entidades públicas ou as empresas con actividade de estacións de servizos poderán solicitar directamente.
    • Para a Actuación 3 ou 4: O solicitante ou representante legal. O solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Documentación necesaria para presentar a solicitude

Para formular a solicitude, ademais de encher o correspondente formulario cos datos de identificación do solicitante e xerais da actuación (Anexo III de solicitude), deberase aportar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:
     a) Solicitude de axuda - Anexo III.
     b) Autorización para a representación - Anexo IV, salvo persoas físicas ou xurídicas que presenten directamente co seu certificado dixital.
     c) Presentación da oferta do proxecto que se pretende levar a cabo. Cando o investimento sen IVE da actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €, achegaranse  tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo, isto non será aplicable no caso da Actuación 1- Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.

Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras

Poderán ser entidades colaboradoras:

1º Para a Actuación 1: Os concesionarios ou puntos de venta cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa 615.1 Comercio ao por maior de vehículos, motocicletas, bicicletas e os seus accesorios, ou 654.1 comercio ao pormenor de vehículos terrestres.
2º Para a Actuación 2: As empresas con actividade de instalación de baixa tensión. Será necesario que estas empresas estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas con actividade de instalación de baixa tensión (procedemento IN609A).

Proceso de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras

Adhesión simplificada:

a.- Esta forma de adhesión está unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao programa MOVES 2019-2020 e que desexen adherirse ao programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sostible (programa MOVES II) para as anualidades 2020-2021.
b.- A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible dende a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (Anexo I) e o convenio de colaboración (Anexo II), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos.
Por defecto a aplicación informática cubrirá os anexos cos datos dispoñibles da convocatoria da anualidade 2019-2020. A entidade colaboradora poderá actualizar os datos, se é o caso. No caso de modificación de datos, a entidade colaboradora deberá xuntar a documentación necesaria para xustificar estes cambios, de igual xeito que se realiza na adhesión común. Unha vez xerada a solicitude normalizada (Anexo I), deberá presentala  por vía electrónica de conformidade ao establecido.
c.- Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizará o usuario e a contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2019-2020. No caso de que algunha entidade colaboradora non recorde estes datos, poderá solicitalos a través do correo electrónico habilitado para tal efecto, indicando os seus datos para identificación.

Adhesión común:

a.- A primeira vez que a entidade colaboradora acceda a aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

b.- A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) para encher a solicitude de adhesión (Anexo I) e o convenio de colaboración (Anexo II), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos -o segundo por duplicado-.
Unha vez xerada a solicitude normalizada (Anexo I), deberá presentala por vía electrónica.
 

Contía máxima da axuda


Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas
A contía da axuda será a establecida na seguinte táboa: tabla_actuaciones_MOVES_contiamaxima
(1) 750 euros adicionais no caso de vehículos adaptados para persoas con discapacidade con mobilidade reducida: Para persoas físicas e M1 ou Profesionais autónomos e N1 sempre que a adaptación conste na ficha técnica do vehículo adquirido.

(2) 53.000 para vehículos BEV de 8 prazas, no caso de que o beneficiario sexa unha administración pública ou entidades ou institucións que se dediquen principalmente a prestar servizos sociais ou sen ánimo de lucro recoñecidas de utilidade pública.

Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
A axuda será do 30 % do custe subvencionable para entidades cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W e 40 % para o resto cun máximo de 100.000 € por solicitante.
Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
A axuda será do 30 % do custe subvencionable cun máximo de 100.000 € por solicitante.
Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sostible ao traballo.
A axuda será do 40 % do custe subvencionable para destinatarios con actividade comercial ou mercantil e  50 % para o resto de posibles beneficiarios cun máximo de 500.000 € por solicitante.

Prazo de execución e xustificación

O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 12 meses contados dende a data de notificación da resolución de concesión. Ademais, o prazo de execución das actuacións en ningún caso poderá exceder o 17 de marzo de 2023.

Documentación complementaria solicitude

    • Declaración de outorgamento de representación (Anexo IV)
    • Para agrupacións de persoas físicas sen personalidade, declaración dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación de persoas físicas sen personalidade (Anexo V)
    • Memoria técnica descritiva para as actuacións 2, 3 e 4.
    • Para administracións públicas Modelo de Declaración responsable de adscrición.

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 12 da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.


Este sistema remitirá aos beneficiarios ou no seu caso ás entidades colaboradoras avisos da posta a disposición das notificacións na súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.


Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Manual de imaxe do programa
- Certificado de finalización da instalación
- Modelo obrigatorio de publicidade
- Memoria xustificación publicidade

Modelos de documentos

- Solicitude Renuncia (Anexo VI)
- Solicitude Modificación (Anexo VIII)

Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras.
Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes de axuda. Dispoñible a partir das 9:00 horas do 1 de outubro.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.