INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía, Empresa e Innovación

SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2021 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES E AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA


A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 28 de decembro  de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables e aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria, para o ano 2021. (DOG do 14 de xaneiro de 2021).

Conceptos

Regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Serán subvencionables as seguintes tecnoloxías: biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica, minieólica e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

Presentación de solicitudes

Prazo para a presentación das solicitudes

  • Inicio solicitude: 15 de xaneiro de 2021 ás 09:00h.
  • Fin solicitude: 15 de febreiro de 2021.


O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 15 de xaneiro ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 15 de febreiro de 2021.

So se admite a presentación electrónica.


Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electrónicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.

Requirimentos Técnicos da aplicación

Dependendo do Sistema Operativo instalado:

  • S.O. Windows:

  • - Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer, Firefox, Google Chrome.
    - Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
    - Ter instalado a última versión de Java , Autofirma para Windows (32 bits ou 64 bits).

  • S.O. MAC:
  • - Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox, Google Chrome
    - Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
    - Ter instalado Autofirma para Mac.

  • S.O. Linux (probado con Ubuntu 11.04):
  • - Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome
    - Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: Certificado electrónico do solicitante ou representante instalado no navegador ou DNI electrónico.
    - Ter instalado Autofirma para Linux.

Beneficiarios

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
 
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos,  que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
 
Considerarase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e en concreto as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009 ambas incluídas.Tamén serán subvencionables as actividades contempladas no IAE que se corresponda con estas clases do CNAE -2009.
 
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros consumidores nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no apartado anterior.

Intensidade de axudas e contías máximas

A contía da axuda será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 € por proxecto e de 300.000 € por empresa salvo para instalación de autoconsumo colectivo que pode chegar a 500.000 €. A intensidade da axuda incrementarase un 20% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10% no caso de medianas empresas.

Criterios de valoración

As solicitudes recibidas que cumpran as condicións establecidas nas bases das convocatorias priorizaranse tendo en conta os criterios de valoración establecidos no artigo 17 que se resumen a continuación:

  • Instalacións enerxéticas preexistentes
  • Instalacións illadas da rede eléctrica
  • Explotacións agrarias prioritarias
  • Localización xeográfica do proxecto

Prazo de execución e xustificación

A data límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2021. Os proxectos non poden estar iniciados antes da data de presentación da solicitude da axuda.

Documentación complementaria solicitude

- Declaración capacidade administrativa
- Declaración outorgamento representación
- Declaración responsable para proxectos de instalación de xeración eléctrica (fotovoltaica, minieólica)
- Ficha de consumos proxectos aforro
- Ficha de consumos renovables térmica

 Memoria técnica, en función da tipoloxía de proxecto:

- Memoria técnica Fotovoltaica-Minieólica
- Memoria técnica Biomasa-Biogás
- Memoria técnica Xeotermia-Aerotermia
- Memoria técnica Solar térmica
- Memoria técnica proxectos de aforro en iluminación
- Memoria técnica outros proxectos de aforro

Documentación complementaria xustificación

- Declaración proxecto executado e xustificación da publicidade
- Informe técnico actuación realizada
- Declaración do instalador e do beneficiario de que a instalación de autoconsumo clasifícase como autoconsumo con ou sen excedentes
- Certificado de obra sistema de captación xeotermica
- Modelo placa publicidade
- Modelo certificado finalización instalación
- Modelo Renuncia

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para información PRESENCIAL aos interesados deberase concertar cita previa no teléfono: 981 541 500.