INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS ANO 2021 PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA E SERVIZOS

Inicio solicitude: Desde o 20 de xaneiro de 2021 ás 09:00h.
Fin solicitude: 15 de outubro de 2021

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y).(DOG do 18 de xaneiro de 2021).

Conceptos subvencionables

Proxectos de aforro e eficiencia no sector industrial ou servizos que xustifiquen un aforro enerxético do 20 % do consumo enerxético inicial (40 % para actuacións de iluminación e 5 % no caso de actuacións en proceso produtivo do sector industrial). Deben alcanzar un ratio de aforro enerxético anual de 0,4 kWh/€ de investimento elixible, que se reduce a 0,3 para medianas empresa e 0,2 para pequenas.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos e industria. A efectos desta resolución considerárase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 10.2 e 12.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no apartado anterior.

Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data limite para executar e xustificar o investimento será o  15 de setembro de 2022.

Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. Con carácter xeral a axuda máxima por proxecto ascende a 500.000 €, se ben podería chegar ata 1.000.000 € para proxectos que xustifiquen elevados niveis de aforro enerxético.

Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un NIF electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 20 de xaneiro ás 9:00 h e remata o 15 de outubro de 2021.

Documentación complementaria solicitude 

- Declaración de outorgamento de representación
- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa

Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación

- Memoria técnica PAE-Iluminación

- Memoria técnica adicional edificios PAE

Proxectos de aforro e eficiencia

- Memoria técnica PAE

- Memoria técnica adicional edificios PAE

- Ficha de consumo PAE

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada

- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude

- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER

- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER

- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)

- Modelo cartel obra

- Certificado de finalización da instalación

- Certificado de obra do sistema de captación xeotérmica

Modelos de documentos

- Anexo Renuncia

Acceso á aplicación informática

Prema  para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para solicitar máis información pode poñerse en contacto nos teléfonos: 981 541 512, 981 541 514 e 981 541 537.