INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Accesibilidade

Accesibilidade

Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Accesibilidade

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web da Xunta de Galicia manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.

Cumprimento de estándares

  •  As páxinas deste sitio web cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 segundo a Norma UNE 139803:2004. [nova venta]
  •  Cumprimento das normas WCAG 1.0 [nova venta] (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C(World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
  •  A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 2 Revisión 1 (CSS 2.1).
  •  Empregouse a linguaxe de marcado XHTML na súa especificación 1.0 Transicional.


Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox [nova venta] , Chrome [nova venta] , Opera [nova venta] , Konqueror [nova venta] , Internet Explorer [nova venta] , Safari [nova venta] , etc.

Data de última revisión

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 26/04/2011.

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles Teclas de acceso rápido
O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

  • Microsoft Internet Explorer; Pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e a continuación Retorno Enter.
  • Netscape e Firefox: Pulse só a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido.
  • Opera 7 e superior: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación pulse só a tecla de acceso rápido.
  • En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.


Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápidos:

  • P - Portada
  • 0 - Inega
  • 1 - Novas
  • 2 - A Enerxía en Galicia
  • 3 - Eficiencia Enerxética
  • 4 - Enerxías Renovables
  • 5 - Subvencións
  • 6 - Información
  • 7 - Publicacións
  • 8 - Ligazóns