INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio  Eficiencia Enerxética

PRESENTACIÓN

Correspóndelle a esta área todos os aspectos de estudo, proxecto, desenvolvemento e xestión técnica das actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética en todos os sectores de consumo galegos.

Os obxectivos de aforro e eficiencia enerxética concrétanse no Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética 2010-2015.

Para a consecución destes obxectivos é necesario actuar intensamente no lado da demanda, potenciando o uso racional da enerxía. O aforro e a eficiencia enerxética a un custo razoable leva consigo unha menor dependencia do exterior, así como un maior respecto ao medio natural e unha redución de custos para a economía.

As accións de base deste plan concrétanse en:

- Plan de Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Administracións Públicas Galegas.

- Medidas de ámbito sectorial: Coordinación e impulso de actuacións en diferentes sectores económicos, en coordinación coa estratexia E4.


Ademais destas actuacións, destacan as medidas de ámbito global que abarcan a todos os sectores da sociedade. En xeral, trátase de campañas de información, divulgación e formación así como servizo de asesoramento e impulso das medidas de ámbito sectorial mediante subvencións a fondo perdido a proxectos de uso racional da enerxía.