Galicia diríxese cara á neutralidade climática para o ano 2050, apostando pola descarbonización mediante a electrificación da economía, o fomento dos biocombustibles e gases renovables, incluíndo o vector do hidróxeno verde, o impulso das enerxías renovables, a eficiencia enerxética, a acumulación de enerxía, a maior implicación dos consumidores, a economía circular e a innovación tecnolóxica.
A Axenda Enerxética de Galicia 2030 englóbase no marco do Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 (PEG). En concreto, no Eixe 2. Medio ambiente e adaptación ao cambio climático do PEG e nas seguintes prioridades de actuación:
A riqueza de recursos, as características propias e as tendencias e desafíos do sector enerxético poñen de manifesto unha serie de oportunidades e retos para impulsar a Galicia como rexión libre de emisións, líder na transición enerxética.
É por isto que, co obxectivo de identificar todos os eidos de actuación de interese que debe contemplar a Axenda Enerxética de Galicia 2030, se traslada a presente consulta pública para que, desde os ámbitos sociais, empresariais e da cidadanía se poidan achegar as súas propostas e contribucións en relación coas accións e medidas a levar a cabo nos seguintes eixos:
i. Desenvolvemento de enerxías renovables.
ii. Economía circular.
iii. Mobilidade sustentable.
iv. Descarbonización dos sectores económicos.
v. Desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
vi. Transición xusta e reindustrialización.
vii. Fondos Next Generation Galicia.
As propostas deberán presentarse ata o 10 de marzo de 2022 (incluído) e deberán enviarse ao Insitituto Enerxético de Galicia ao enderezo de correo electrónico axendaenerxetica.inega@xunta.gal, completando o modelo que se indica no apartado Documentación.
Documentación
Consulta pública en relación coas accións e medidas a incluír na Axenda Enerxética de Galicia 2030.
Envío de propostas
Por correo electrónico ao enderezo: axendaenerxetica.inega@xunta.gal