Desde a Xunta de Galicia, a través do Instituto Enerxético de Galicia, ponse en marcha un programa de Compra Pública de Innovación (CPI) aplicado ao sector das enerxías renovables mariñas, un segmento estratéxico para a economía rexional xa que Galicia conta cun gran potencial para o seu desenvolvemento e aproveitamento grazas aos importantes recursos enerxéticos dispoñibles e ao grao de coñecemento existente neste ámbito.
O desenvolvemento das novas tecnoloxías orientadas a impulsar a transición cara a unha economía verde e sustentable supón unha oportunidade extraordinaria para aproveitar plenamente o potencial en ámbitos tan relevantes como as enerxías renovables mariñas.
Por todo iso, preténdense desenvolver solucións innovadoras que permitan liquidar as limitacións actuais configurando varios retos que se trasladarán ao mercado.
Os retos do proxecto “Solucións innovadoras para o impulso en Galicia das enerxías renovables mariñas e da monitorización ambiental na zona experimental de Punta Langosteira" fundaméntanse, por tanto, en impulsar o desenvolvemento de actuacións de innovación para contribuír á mellora dos servizos públicos. Por iso, se aposta pola Compra Pública de Innovación (CPI) centrada no ámbito de actuación correspondente ao "Impulso das Enerxías Renovables Mariñas".
Este proxecto será susceptible de ser financiado a través da liña FID do Ministerio de Ciencia e Innovación no marco do Programa Operativo Plurirregional FEDER 21-27.
Xornada Consulta Preliminar do Mercado
O Instituto Enerxético de Galicia convoca o evento público de presentación da Consulta Preliminar do Mercado asociado ao proxecto de Compra Pública de Innovación (CPI) “Solucións innovadoras para o impulso en Galicia das enerxías renovables mariñas e da monitorización ambiental na zona experimental de Punta Langosteira".
O evento, que terá formato híbrido e retransmitirase tamén on-line, terá lugar o próximo día 12 de setembro a partir das 10:00h, na Sala de Eventos do Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Para poder asistir ao evento é necesario inscribirse a través da seguinte ligazón.
O evento online retrasmitirase a través da seguinte ligazón de Youtube.
A Axenda do evento está dispoñible na seguinte ligazón.
Pode descargar as presentacións na seguinte ligazón.
Consulta Preliminar do Mercado
Máis información