Nestes apartados pode consultar a evolución dos prezos da electricidade, gas natural, GLP, gasolinas e gasóleos ata a actualidade.
Prema na ligazón prezo gasolina e gasóleo para ver a comparativa de prezos mensuais en España e as súas provincias e nos paises de Europa.
Prema na ligazón do Ministerio para la Transición Ecológica para ver os prezos das bombonas de butano e propano.
Prema na ligazón da CNMC para consultar o comparador de prezos de electricidade e gas natural e as guías informativas para os consumidores de electricidade e gas, así como consellos sobre aforro enerxético.
Na páxina web do Inega pode acadar guías e consellos sobre aforro enerxético.
Prema na ligazón do Ministerio para la Transición Ecológica para consultar datos sobre a súa factura eléctrica e o bono social.
NOTA: No comparador da CNMC aparecen as ofertas a prezo fixo conxuntamente e sen distinción coas ofertas en mercado libre (prezo e condicións pactadas coa comercializadora). Por tanto, debe advertirse aos consumidores que as condicións das ofertas do mercado libre, en xeral, non son comparables coas ofertas a prezo fixo anual, e que a contratación deste tipo de produtos debe realizarse despois de comparar coidadosamente outras ofertas dispoñibles no mercado, dado que non todas elas son directamente comparables ao incluír diferentes condicións e servizos.