INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio  Inega

Presentación

En virtude do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da axencia Instituto Enerxético de Galicia  procédese á transformación do Inega en axencia pública autonómica, mantendo a súa adscrición á consellería competente na materia, conforme o establecido na Lei 3/1999, do 11 de marzo, encadrada dentro das entidades instrumentais do sector público autonómico reguladas no título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A axencia Inega conta con personalidade xurídica propia diferenciada respecto da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, patrimonio e tesourería propios e autonomía de xestión nos termos que precisan as leis.

DECRETO 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da axencia Instituto Enerxético de Galicia.