Consellos Prácticos
Guía de aforro enerxético.
Guía práctica orientada ós cidadáns. Recolle información sobre medidas de aforro enerxético, seguridade no fogar, liberalización de mercados enerxéticos e enerxías renovables.
10 NORMAS BÁSICAS PARA AFORRAR ENERXÍA
- Acenda soamente as luces que necesite. Non deixe luces acendidas en dependencias baleiras.
- Aproveite a luz natural. Abra as persianas durante o día.
- Programe o seu ordenador para que cando estea inactivo máis de 10 minutos entre o programa de aforro de enerxía.
- Se non utiliza o ordenador, apague o monitor, xa que consume tanto como unha lámpada de 100W.
- Evite os consumos ocultos dos equipos eléctricos (fotocopiadoras, impresoras, ordenadores, etc). Cando non os utilice, apágueos.
- As tecnoloxías informáticas permiten a transmisión e recepción de información se necesidade de utiliza-lo papel.
- Manteña pechadas as portas e fiestras cando funcione a calefacción ou a climatización.
- Non abuse da calefacción. Regule o seu termostato nos 18-20 ºC. Peche os radiadores que non necesite.
- Promova a utilización de papel e consumibles reciclados no seu lugar de traballo.
- Valore a opción de usa-lo transporte público ou comparta o vehículo con compañeiros que vivan en zonas próximas.
Lembre que un consumo enerxético responsable supón un aforro económico importante, ademais de contribuir á mellora medioambiental.
- Descargar Guía de aforro enerxético [PDF]