O proxecto europeo Energy Mare está englobado na 3ª convocatoria do Programa Espacio Atlántico 2007-2013. A temática do proxecto é a enerxía no mar (diferentes tipos de enerxía do mar e eólica, principalmente). Neste proxecto o Inega actúa como Xefe de Fila e participan socios de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda.
As actividades a desenvolver con base neste proxecto inclúen: análise de potencial da enerxía mariña en toda a costa atlántica europea, análise da tecnoloxía existente, análise dos sistemas de evacuación e transporte da enerxía xerada, creación de zonas de experimentación tecnolóxica, análise do contexto (normativo e socioeconómico) e impacto do desenvolvemento das fontes enerxéticas mariñas.
O orzamento total do proxecto é de 3.094.816,40 euros, cunha taxa de financiamento FEDER do 65% (2.011.630,66 euros), e unha participación do Inega de ata 645.180,00 euros entre os anos 2012 e 2014. Neste proxecto, o Inega participa cun orzamento total de 645.180,00 euros, dos que debe contribuír financeiramente cunha contía de 225.813,00 euros (2012-2014). Hai que sinalar que unha elevada porcentaxe deste orzamento corresponde a recursos humanos (gastos que se xustifican cos recursos humanos do Inega).
ANÁLISE DO POTENCIAL DOS RECURSOS ENERXÉTICOS RENOVABLES NO ÁMBITO MARÍTIMO
CREACIÓN DA ZONA DE EXPERIMENTACIÓN - Descargar Documentación
ANÁLISE DA TECNOLOXÍA EXISTENTE PARA A PRODUCIÓN DE ENERXÍA DO MAR - Descargar Documentación
ANÁLISE DOS SISTEMAS DE EVACUACIÓN E TRANSPORTE DA ENERXÍA DO MAR - Descargar Documentación
ANÁLISE DE CONTEXTO E IMPACTO DAS DIFERENTES FONTES DE ENERXÍA MARÍTIMA - Descargar Documentación
COMUNICACIÓN - Descargar Documentación
Descargar a versión do video en galego
Descargar a versión do video en inglés