O proxecto Biosofc consiste no deseño e demostración de 4 plantas de coxeración que utilizarán celdas de combustible de 5 kW de gas e biogás procedentes da dixestión anaeróbica. Os socios participantes no proxecto Biosofc son os seguintes:
O proxecto comezou no mes de outubro de 2006 coa realización dunha xuntanza dos socios en Santiago de Compostela e Cerceda organizada por SOGAMA e INEGA. As actividades do INEGA no proxecto son:
a) Deseño, posta en marcha e mantemento da páxina Web do proxecto Biosofc. http://www.biosofc.info/project.php
b) Asesoramento a SOGAMA e á FUNDACIÓN PATRIMONIO NATURAL DE CASTILLA Y LEÓN nos requirimentos legais para a instalación da pila de combustible prevista.
c) Realización de analises dos contidos en mercaptanos do biogás da planta de SOGAMA e da planta de Castela e León.