EnerinTown
Descrición Proxecto
Durante os anos 2006, 2007 e 2008, o Inega esta a participar xunto con diferentes organizacións de España, Italia, Irlanda, Portugal, Francia, Lituania, Alemaña e Grecia no proxecto EnerinTown.
Os socios participantes no proxecto EnerinTown son os seguintes:
- ENTE VASCO DE LA ENERGÍA, EVE (España)
- INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA, Inega (España)
- CONSULTANTS ENGINEERS & PLANNERS, LDK (Grecia)
- TIPPERARY ENERGY AGENCY, TEA (Irlanda)
- INSTITUTO SUPERIOR TÉCNICO, IST (Italia)
- AGENCE DE L'ENVIRONNEMENT ET DE LA MAÎTRISE DE L'ÉNERGIE, ADEME (Francia)
- LITHUANIAN ENERGY INSTITUTE (Lituania)
- AGÊNCIA REGIONAL DE ENERGIA E AMBIENTE DO ALGARVE (Portugal)
- ZENTRUM FÜR RATIONELLE ENERGIEANWENDUNG UND UMWELT GMBH (Alemania)
- AMBIENTEITALIA (Italia)
Neste senso, dende o ano 2006 leváronse a cabo as seguintes actividades:
- Elaboración dun modelo de convenio que deberá asinarse coas autoridades municipais seleccionadas por cada un dos socios.
- Sinatura dos convenios de colaboración cos concellos que participarán no proxecto: Santiago de Compostela, Maceda, Meaño e Monterroso.
- Organización nas dependencias do Inega, dun Curso de Xestor Enerxético Municipal para os técnicos dos concellos que participan no proxecto. Creación da figura do Xestor Enerxético Municipal.
- Elaboración dunha guía para o deseño e construción de edificios empregando criterios enerxéticos, a cal estará rematada no ano 2007 e se enviará a todos os concellos de Galicia.
- Instalación dos equipos de medida dos consumos de enerxía eléctrica e térmica nos dos doce centros municipais, conexión dos equipos a rede e monitorización dos consumos a través internet. Instalación de paneles informativos en los centros.
- Deseño dunha base de datos das 100 instalacións municipais monitorizadas por todos os socios do proxecto.
- Revisión dos programas informáticos do Sistema SICAPDE (Sistema Informático de Captación e Procesamento de Datos Enerxéticos de Galicia, operado polo Inega dende o ano 2004) para permitir a conexión cos equipos de medida das dependencias municipais a través de Internet.
- Seguimento dos consumos enerxéticos nas diferentes instalacións municipais a través de internet.