Gener
Descrición Proxecto
O proxecto Gener está incluido no programa INTERREG III A, para os anos 2006, 2007, e 2008, consiste en fomentar nas empresas do espazo de cooperación (Provincias de Pontevedra e Ourense e norte de Portugal), a implantación de sistemas e procedementos máis racionais de consumo enerxético. O proxecto diríxese ós sectores relevantes en termos de consumo a ambos lados da fronteira, co obxectivo de diminuír notablemente os niveis de consumo e incrementar a eficiencia e o rendemento enerxético.
A proposta concrétase en diversas actividades:
- Formación de Xestores Enerxéticos.
- Realización de auditorías e acompañamento ó cambio as empresas interesadas na eficiencia enerxética e a compilación de boas prácticas.
- Estudo e deseño de Modelos de Consumos.
- Creación dunha Aplicación Informática de Xestión Enerxética.
- Desenvolvemento de produtos que permitan a avaliación do grado de eficiencia enerxética segundo sectores de actividade previamente definidos.
As organizacións que participan no proxecto GENER son:
GALICIA:
- INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
- FUNDACIÓN INSTITUTO TECNOLÓGICO DE GALICIA (ITG)
- CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTEVEDRA (CEP)
- CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE (CEO)
PORTUGAL:
- AGENCIA REGIONAL DE MEDIOAMBIENTE DO VALE DO LIMA (AREALIMA)
- OFICINA DA INOVAÇAO - EMPREDEDORISMO E INOVAÇAO S.A.
- INSTITUTO DE DESENVOLVEMENTO E INOVAÇAO TECNOLÓGICA DO MINHO (IDITE)
- CONSELHO EMPRESARIAL DOS VALES DOS VALES DO LIMA E MINHO (CEVAL)
- INSTITUTO POLITÉCNICO DE VIANA DO CASTELO (IPVC)
Dende o ano 2006, leváronse a cabo as seguintes actividades:
- Sinatura do acordo de colaboración entre todos os socios.
- Organización dunha xornada de presentación do proxecto GENER en la sede de la Confederación de Empresarios de Pontevedra de Vigo.
- Organización dun curso de formación de xestores enerxéticos que realizarán as auditorías e consultorías nas empresas.
- Deseño dos modelos das auditorías a realizar por todos os socios en xeral e polos xestores de INEGA en particular.
- Participación en seminarios e talleres para informar e asesorar as empresas na idoneidade da realización destas auditorías enerxéticas.
- Desenvolvemento da Web do proxecto.
- Deseño dunha ferramenta informática para a elaboración dos modelos de aproveitamento enerxético a través de Internet.