16/03/2011
- O Instituto Enerxético de Galicia desenvolve hoxe na EGAP unha "Xornada sobre Sostibilidade Enerxética Municipal"
- O director do Inega, salientou o carácter pragmático do encontro "no ánimo de dar unha mostra máis de apoio á Administración Local"
- Co encontro refórzase o carácter exemplarizante da administración, así como a sensibilidade que o departamento que dirixe Javier Guerra está a ter coas entidades locais
15/03/2011
- O xogo virtual co lema "Se enerxía queres aforrar pola túa casa debes empezar" que o Inega ideou no marco da campaña de aforro que puxo en marcha con motivo do "Día Mundial da Eficiencia Enerxética" pódese realizar ata o 25 de marzo inclusive, a través das webs da Xunta, da Consellería de Economía e Industria e do Inega, ademais de mediante medios dixitais e de redes sociais
- As máis de 2.800 persoas que ata o momento completaron o videoxogo entrarán a participar nun sorteo final de agasallos composto por papaventos, bicicletas, monopatíns, patinetes, bobyboards e cepillos dentais solares
- O conselleiro de Economía e Industria entregará o próximo 29 de marzo os regalos aos gañadores
12/03/2011
- Esta actuación innovadora, cun alto grao de carácter experimental, que se integra na aposta estratéxica da Xunta pola potenciación do aforro enerxético en todos os sectores, levarase adiante mediante un convenio impulsado polo Inega con Philips Ibérica S.A.U. e cos alcaldes de Ribeira, Cervo, Xove, A Peroxa e San Cibrao das Viñas
- Esta actuación mostra, unha vez máis, ao apoio do departamento que dirixe Javier Guerra aos concellos galegos para avanzar na estratexia de aforro e eficiencia enerxética
- Os resultados finais servirán de base para a elaboración dun estudo sectorial sobre o consumo enerxético de instalacións de iluminación exterior nas entidades locais
04/03/2011
- O titular de Economía e Industria presentou hoxe ante un grupo de escolares o videoxogo interactivo "Se enerxía queres aforrar pola túa casa debes empezar" no acto conmemorativo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética
- O xogo virtual sobre o aforro enerxético, que permitirá coñecer pautas prácticas e sinxelas de como aforrar enerxía, será accesible a través de Internet e de redes sociais para promover a máxima participación cidadá nesta tarefa colectiva, multiplicando así o efecto da mensaxe e incrementando a súa eficiencia
- As persoas que completen o videoxogo que ten como protagonistas a Super-E e a Familia Efi entrarán a participar nun sorteo final de máis de cen agasallos
- A Xunta reforza a súa aposta estratéxica pola potenciación da eficiencia e das enerxías renovables para facer de Galicia unha comunidade líder
- O Goberno galego está comprometido coa construción dun modelo enerxético limpo e respectuoso co medio ambiente, baseado na potenciación das enerxías renovables nos máis diversos ámbitos e nunha nova dimensión do aforro e da eficiencia con políticas orientadas a todos os sectores económicos
27/02/2011
- Un videoxogo interactivo que ten como protagonistas a Super-E e a Familia Efi, que dun xeito moi sinxelo axudarán ao usuario a construír unha casa modelo de aforro e eficiencia enerxética, será o eixo estrutural sobre o que pivotará esta iniciativa do Instituto Enerxético de Galicia, que se presentará o 4 de marzo nun acto conmemorativo do "Día Mundial da Eficiencia Enerxética"
- O xogo co título "Se enerxía queres aforrar pola túa casa debes empezar" será accesible a través de Internet e pretende dar a coñecer pautas prácticas e sinxelas acerca de como aforrar enerxía
- Conseguir unha Galicia máis eficiente e sostible, obxectivo final desta iniciativa que se integra na aposta estratéxica da Xunta pola potenciación de políticas efectivas de utilización racional dos recursos enerxéticos en todos os sectores
23/02/2011
O curso ten como fin dar a coñecer a necesidade de implantar unha pauta común de actuación (o denominado Protocolo EVO) para determinar e validar os aforros enerxéticos obtidos coa implantación de medidas de eficiencia enerxética, a fin de mellorar o rendemento das instalacións estudadas.
O seminario está dirixido a empresas de servizos enerxéticos, a compañías comercializadoras e distribuidoras de enerxía e á industria en xeral e desenvolverase o xoves, 24 de febreiro, na EGAP.
17/02/2011
- O presidente de Sotavento e director do Instituto Enerxético de Galicia inaugurou esta exposición, cedida temporalmente ao Parque Eólico Experimental Sotavento, e que se insire dentro da faceta divulgativa e de difusión das enerxías renovables que está a levar a cabo este centro
13/02/2011
- O Instituto Enerxético de Galicia e a devandita asociación desenvolverán, a través dun convenio entre ambas partes, cinco cursos que se enmarcan na estratexia global da Xunta pola potenciación do aforro e da eficiencia, cuxo obxectivo final é minimizar o alto custo enerxético que presenta o sector da edificación e reducir o elevado consumo enerxético
05/02/2011
- Un convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia e o CGETI permitirá o desenvolvemento de seis cursos sobre esta materia, a través dos que se pretende reducir o custo enerxético no ámbito da edificación e minimizar o impacto ambiental
30/01/2011
- O Instituto Enerxético de Galicia e CEXEGA veñen de asinar un convenio polo que se desenvolverán un total de catro cursos sobre Inspeccións e Eficiencia Enerxética en Edificios de aquí a xuño de 2011
- O obxectivo é concienciar aos profesionais que interveñen no procedemento de certificación enerxética das vivendas sobre a necesidade de ir introducindo medidas de aforro e eficiencia no sector para minimizar así os altos custos enerxéticos no ámbito da edificación
- O Instituto Enerxético de Galicia realiza estes cursos no marco da estratexia de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio en curso, que conta cun orzamento total superior a 21 millóns de euros e coa que se prevé a xeración dun aforro enerxético de 193 mil MWh, unha redución na emisión á atmosfera de máis de 78 mil toneladas de CO2 e a creación dun investimento asociado en torno a 75 millóns de euros