14/03/2023
- A resolución destas axudas, que mobilizaron 4,11 millóns de euros, publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia.
- A nova convocatoria xa ten aberto o prazo de solicitude e, como novidade, incorpora apoios de asesoramento enerxético.
28/02/2023
- O Goberno autonómico destina 1,5M€ a esta liña que contempla axudas de ata 8000 euros por proxecto.
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá a residencia de maiores San Xoán de Río, entidade que vén de instalar unha caldeira que lle permitirá aforrar 40.000 euros ao ano na compra de combustible.
09/02/2023
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Foz as instalacións de Belián Norte, un dos 434 establecementos que xa están adheridos á nova convocatoria do programa Galicia Renova Electrodomésticos.
- A liña de axudas permanecerá aberta ata que se esgote o crédito sendo a data límite o 30 de setembro.
- En 2022, un total de 1922 fogares da provincia de Lugo recibiron axudas que mobilizaron máis dun millón de euros.
17/01/2023
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, presentou esta mañá a nova edición de Galicia Renova Electrodomésticos que este ano contará cun orzamento de 3 millóns de euros.
- Os establecementos interesados poderán inscribirse desde mañá e ata o 30 de xuño.
- Con esta iniciativa facilitarase que 20.000 fogares galegos poidan renovar frigoríficos e conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras aforrando 800.000 euros ao ano na súa factura enerxética.
- O prazo de solicitude de axudas por parte dos consumidores abrirase a partir do 8 de febreiro.
- Os apoios favorecerán a mobilización directa de 10,5 millóns de euros, así como unha redución de emisións de CO2 equivalente á acción de 60.000 árbores e a creación ou mantemento de preto de 150 empregos.
04/11/2022
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, presentou esta tarde os orzamentos da entidade, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, que medran un 46,85%, ata case os 80M€.
- Duplicarase o orzamento destinado ao Bono Eléctrico Galego, que contará con 4M€, e destinaranse 4,7M€ ao Bono Enerxía Peme.
- Fomentarase o autoconsumo, o almacenamento enerxético e as instalacións térmicas con renovables en fogares, empresas e administracións con axudas por 20,8M€.
- Continuará aberto o prazo do Moves III, que dispón de 40,5M€, para seguir apoiando a transición cara a unha mobilidade eficiente e sostible.
03/11/2022
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá a empresa Eventos Señoráns, unha das 660 beneficiarias da convocatoria deste ano.
26/09/2022
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta tarde nunha reunión do Observatorio da Eólica Mariña.
- A plataforma poderá comezar a súa tramitación unha vez asinado o acordo entre a Xunta, a Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica de España.
- É preciso que o Goberno central axilice a aprobación dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) co obxectivo de coñecer as zonas delimitadas para a implantación destas enerxías.
16/09/2022
- O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura dunha xornada sobre hidróxeno renovable e almacenamento organizada polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).
- Subliña que o hidróxeno ocupa un papel central na Axenda Enerxética de Galicia, xa que vai contribuír a diminuír a dependencia do exterior.
01/08/2022
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as ampliacións concedidas a través dos fondos europeos, coas que a Xunta conta con 74M€.
- Con estas axudas, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata 2023, prevese acadar aforros de 40M€ ao ano nas facturas enerxéticas de fogares, empresas e administracións.
- Estes programas van en liña co Plan de medidas para o aforro e a eficiencia enerxética impulsado pola Administración autonómica.
04/05/2022
- Esgotado o crédito destinado a persoas físicas, tras a ampliación realizada o mes pasado.
- Quedan 55.000 euros dispoñibles para empresas e autónomos.
- As axudas mobilizarán 34 millóns de investimento público-privado.