29/12/2008
A Consellaría destina este ano 720.000 euros ao Plan de Vehículos Eficientes, case 4 veces máis que na edición anterior, e abre o Plan Renove de Fiestras con 500.000 euros que ascenderán a 1,5 millóns na vindeira campaña. Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2008. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou hoxe as dúas novas medidas postas en marcha polo seu departamento, a través do Inega, no ámbito do aforro e a eficiencia enerxéticos. Segundo explicou o conselleiro nacionalista trátase, por unha banda, do Plan de Vehículos Eficientes e, por outra, do novidoso Plan para renovar a envolvente térmica dos edificios.