28/12/2009
Preto de 400 automóbiles eficientes circulan polas estradas galegas, adquiridos mediante as subvencións que o Instituto Enerxético de Galicia dá a través desta campaña, que vai pola terceira edición
O director do Instituto Enerxético de Galicia destaca que con esta nova medida para incentivar unha maior eficiencia enerxética no sector do transporte se prevé que se adhiran á campaña máis de 45 concesionarios e que se efectúen 250 transaccións, entre adquisicións de vehículos híbridos novos e transformacións a GLP
As axudas, que se poden solicitar desde o 1 de febreiro de 2010, serán dun máximo do 15% do prezo de mercado do vehículo e poderán alcanzar os 7.000 euros
25/12/2009
Se ben o número de subvencións validadas se achega ás 3.700, o Instituto Enerxético de Galicia recibiu 11.554 borradores de subvencións.
O director do Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía e Industria, destaca que "estes datos confirman definitivamente o interese que xeraron as subvencións de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables este ano, que se traduciu nunha media de 282 borradores de axudas ao día e en 90 axudas aceptadas diariamente".
Eliseo Diéguez resalta a incidencia positiva que tivo neste elevado cómputo, a presentación por primeira vez este ano das solicitudes vía telemática xunto coa difusión das axudas alcanzada a través das dúas xornadas informativas organizadas polo Inega.
Incide en que o Instituto está a centrar os esforzos en axilizar a tramitación das axudas para dar cumprimento ao compromiso de reducir nun terzo os tempos.
Cun orzamento de preto de 16 millóns de euros as subvencións do Instituto que dirixe Eliseo Diéguez mobilizaron un investimento asociado de 61,8 millóns de euros e posibilitaron a redución á atmosfera de 60.500 toneladas de CO2 anuais.
19/12/2009
O director do Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía e Industria, deu a coñecer esta nova liña de axudas, que se poderán solicitar desde o 1 de marzo de 2010, coas que se potenciará un investimento asociado de 3,5 millóns de euros
Serán subvencionables os equipos de potencia entre 5 e 70 kW: caldeiras de condensación, equipos de aire acondicionado aire-aire ou aire-auga e as bombas de calor que teñan como foco frío o aire
Coa campaña prevese chegar a 1.400 vivendas e a máis de 200 establecementos adheridos e obter un aforro de enerxía primaria de 9.566 MWh
Eliseo Diéguez presentou tamén tres aplicacións informáticas que permiten calcular o aforro enerxético e económico que se obtén nun fogar optando por electrodomésticos ou lámpadas de baixo consumo ou apagando totalmente os equipos electrónicos
As devanditas ferramentas, que se poden visualizar na web do Inega, permiten facer extrapolacións dos datos a nivel de Galicia e de España
06/12/2009
O Instituto, dependente da Consellería de Economía e Industria, vén de ampliar recentemente o prazo de presentación de subvencións ata o próximo 11 de decembro, como consecuencia do alto número de solicitudes rexistradas
O director do Instituto Enerxético de Galicia destaca que "a alta demanda de solicitudes, 250 por día, proba o interese que está a espertar o programa de subvencións do Inega que vai mobilizar un investimento asociado de preto de 62 millóns de euros"
Diéguez resalta a incidencia positiva que estar a ter no proceso, a presentación, por primeira vez este ano, das solicitudes vía telemática e a difusión das axudas alcanzada a través das dúas xornadas informativas organizadas polo Inega
Explica que o Instituto está a centrar os esforzos en axilizar a tramitación das axudas para dar cumprimento ao compromiso de reducir nun terzo os prazos temporais
05/12/2009
Mediante esta actuación, de mellora e eficiencia térmica dos edificios e das vivendas, o Instituto que dirixe Eliseo Diéguez posibilitou un aforro de enerxía primaria de 1.356 MWh e evitou a emisión de 274 toneladas de CO2 á atmosfera
O director do Inega destaca "a elevada demanda que tivo esta campaña entre a cidadanía desde a súa posta en marcha" e salienta que "os 1,2 millóns de euros de orzamento se esgotaron en tan só tres días"
Esta actuación mediante a que o Inega, adscrito á Consellería de Economía e Industria, incentiva a rehabilitación de ocos acristalados das fachadas cumpriu as expectativas previstas ao posibilitar a substitución de fiestras en máis de 900 vivendas e a participación de preto de 350 establecementos ata a data actual
01/12/2009
Está previsto que a finais de decembro o Instituto que dirixe Eliseo Diéguez poña en marcha o Plan de Vehículos Eficientes 2009
O Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía e Industria, acordou esta prórroga facéndose eco das peticións dos concesionarios adheridos que ante a alta demanda de solicitudes estaban tendo dificultades en recepcionar os vehículos no prazo estipulado
Dos 720.000 euros de orzamento con que conta o Plan, están executados 700.000 euros, o que se traduce na adquisición de 360 vehículos eficientes
28/11/2009
O Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía e Industria, mobilizará con esta actuación, que ten un orzamento inicial de 1,2 millóns de euros, un investimento asociado de preto de 5 millóns.
Con esta medida de aforro e eficiencia enerxética destinada á rehabilitación da envolvente térmica das edificacións prevese que se adhiran á campaña máis de 500 establecementos e que substitúan as fiestras en 1.000 vivendas.
27/11/2009
O director do Inega, organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, acordou prolongar o período temporal "como consecuencia do alto número de solicitudes rexistradas e pola tramitación administrativa que as mesmas conlevan"
Fai fincapé en que a día de hoxe se recibiron no Inega preto de 7.000 borradores de subvención, dos que 1.352 están en proceso de tramitación.
21/11/2009
As previsións que manexa o Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería de Economía e Industria, con esta campaña de aforro e eficiencia enerxética nos fogares galegos, son as de chegar a máis de 500 establecementos adheridos e a substituír fiestras en 1.000 vivendas
A actuación que persegue mellorar a eficiencia enerxética dos edificios conta cun orzamento inicial de 1,2 millóns de euros e xerará un investimento asociado próximo aos 5 millóns
07/11/2009
O director do Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería que dirixe Javier Guerra, subliña que con esta nova medida de aforro e eficiencia enerxética destinada á rehabilitación da envolvente térmica das edificacións se prevé que se adhiran á campaña máis de 500 establecementos e que se substitúan fiestras nun milleiro de vivendas
As axudas, que se poderán solicitar desde o próximo 1 de decembro, serán de 100 euros por metro cadrado de fiestras, cun máximo do 25% do total da obra