07/11/2009
A devandita actuación, de aforro e eficiencia enerxética, promovida polo Inega, dependente da Consellería de Economía e Industria, superou as expectativas, coa venda de 44.180 electrodomésticos e con 954 establecementos adheridos.
O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez destaca "o éxito e a excelente acollida que tivo esta campaña entre a cidadanía desde a súa posta en marcha" e fai fincapé en que nesta convocatoria "os 4 millóns de euros de orzamento se esgotaron nun tempo récord, en tan só 29 días".
Diéguez indica que "ante o éxito do Plan estudaremos a posibilidade de ampliar os fondos proximamente, en función da dispoñibilidade orzamentaria".
Resaltou o dobre aforro que supón na economía familiar o Plan, ao permitir aforrar unha cantidade de diñeiro de ata os 125 euros a través da substitución dun equipamento por outro novo máis eficiente desde o punto de vista enerxético e ao mesmo tempo ao posibilitar reducir o consumo eléctrico nun 8% en cada un dos preto 44 mil fogares beneficiados.
04/11/2009
O director do Instituto Enerxético de Galicia, que inaugurou o foro, indicou que "a elevada demanda de asistentes proba o interese que está a ter o programa de subvencións do Instituto, que mobiliza un investimento asociado de preto de 62 millóns de euros"
A inscrición, de balde, para o segundo dos encontros do 18 de novembro, está aberta e pódese realizar a través de www.inega.es
03/11/2009
O conselleiro de Economía e Industria fixo fincapé nas avantaxes das enerxías renovables e subliñou que un dos obxectivos, recollidos no Plan Enerxético, é o chegar ao 2015 producindo máis do 95% da electricidade consumida en Galicia a través deste tipo de fontes
O programa de axudas conta cun investimento de preto de 6 millóns de euros, o que supón un incremento do 6% con respecto ao ano anterior
As subvencións, abertas a calquera persoa ou entidade e que abranguen todos os sectores, posibilitarán a xeración anual aproximada de 26.000 Mwh en aplicacións térmicas e 17.000 Mwh de enerxía eléctrica e así mesmo posibilitarán reducir anualmente a emisión de 12.069 toneladas de CO2 á atmosfera
A contía máxima subvencionable das axudas vai desde o 15% ata o 40% dependendo da tipoloxía, podendo chegar ata o 45% en proxectos de solar térmica e biomasa cando os solicitantes sexan concellos
O titular autonómico incidiu en que esta é a primeira vez en que se poden solicitar as axudas vía telemática e na redución de prazos de tramitación e resolución
27/10/2009
A inscrición nestes encontros é de balde e debe ser realizada vía telemática, cumprimentando o correspondente boletín de inscrición na web do Instituto, www.inega.es
O director do Instituto Enerxético de Galicia, adscrito á Consellería de Economía e Industria, afirma que o obxectivo destes seminarios "é lograr a máxima participación e do maior número de ámbitos posibles, posto que se trata de subvencións dirixidas a todos os sectores económicos"
Eliseo Diéguez fai fincapé en que "é importante que nestas xuntanzas informativas tomen parte tamén os concellos, posto que teñen diante de si unha ocasión aproveitable para poder levar a práctica proxectos, a un custo baixo, que lle permitirán aumentar o aforro enerxético e aliviar a súa factura eléctrica"
O obxectivo final das xornadas é explicarlles aos solicitantes os distintos tipos de axudas, as contías económicas subvencionables, así como familiarizalos coa cumprimentación das solicitudes
21/10/2009
O programa de axudas conta cun orzamento próximo aos 11 millóns de euros e componse de 22 medidas específicas que poden chegar a cubrir ata o 75% do investimento.
Javier Guerra destacou que este ano se poden solicitar e tramitar, por primeira vez, as subvencións por vía telemática e que se van reducir nun terzo os prazos de tramitación e resolución de axudas.
Eliseo Diéguez explicou as axudas dirixidas especificamente aos concellos, un total de 14 distintas, e na que destaca a liña de renovación das instalacións de iluminación pública onde o orzamento subvencionable se incrementa ata o 70%.
10/10/2009
O director do Instituto Enerxético de Galicia fai fincapé na "excelente acollida que esta iniciativa está a ter no conxunto da cidadanía" e "no aforro dobre que esta medida suporá para as familias galegas que, por un lado, se benefician dunha subvención que pode chegar ata os 125 euros a través da substitución dun equipamento por outro novo máis eficiente desde o punto de vista enerxético e, por outra parte, van conseguir reducir o seu consumo eléctrico nuns 40 euros ao ano".
O alcance do Plan transcende fronteiras, como o demostra o feito de que unha multinacional radicada en Xapón vén de solicitar información sobre a devandita iniciativa.
05/10/2009
O Inega, adscrito ao departamento que dirixe Javier Guerra, prevé alcanzar con esta campaña un aforro global de 1,7 millóns de euros na factura eléctrica, que se estima que beneficiará a 43.500 familias galegas
Ao final da campaña preténdese superar a cifra dos 900 establecementos comerciais adheridos
As subvencións á compra de electrodomésticos con etiquetado enerxético A ou superior abranguen desde os 50 euros para encimeras de gas ata os 125 euros para conxeladores e frigoríficos
23/09/2009
O Inega, dependente da Consellería de Economía e Industria, habilita un orzamento inicial de 4 millóns de euros para subvencionar a substitución de electrodomésticos por equipamentos de baixo consumo enerxético.O aforro de enerxía primaria estimado con esta campaña acada os 25.085 MWh, o que supón evitar a emisión de 4.033 toneladas de CO2 á atmósfera.O Plan Renove Electrodomésticos traerá consigo un aforro dun 8% do consumo en electricidade por familia (230 kWh/ano), que se traduce en 40 euros menos na factura eléctrica por fogar e ano.
10/09/2009
A campaña Plan Renove de Fiestras 2008 que comezou cun orzamento inicial de 500.000 € e que debido o gran volume de solicitudes recibidas se ampliou posteriormente con 2.600.000 euros, vén de esgotar os fondos dispoñibles polo que se pecha definitivamente.
Para atender o alto interese existente pola renovación de ventás, nos meses vindeiros publicaranse as bases dun novo plan, o Plan Renove de Fiestras 2009.
28/08/2009
A campaña Plan Renove de Fiestras 2008 comezou cun orzamento inicial de 500.000 €. O grande volume de solicitudes recibidas fixo que este orzamento se comprometese na súa totalidade en poucos días. Para poder atender a esta demanda, amplíase o orzamento do plan en 2.6 millóns.