28/08/2009
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2009.
A campaña Plan Renove de Fiestras 2008 comezou cun orzamento inicial de 500.000 €. O grande volume de solicitudes recibidas fixo que este orzamento se comprometese na súa totalidade en poucos días, polo que se ampliou tanto o período de solicitudes como o orzamento total adicado a este plan en 2 millóns de euros adicionais. Novamente, a alta demanda de solicitudes fixo que estes fondos se esgotaran nun breve prazo de tempo.
Debido a este motivo, e para poder atender a esta demanda, amplíase o orzamento do plan en 600.000 euros, que servirá para dar cobertura ás solicitudes en listaxe de espera e a novas solicitudes ata o día 10 de outubro de 2009, ou ata que se esgote o orzamento destinado a esta finalidade.
O Plan Renove de Fiestras está incluído no Programa IDAE-INEGA 2008 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4. O fin deste plan é o de fomentar a redución do consumo de enerxía no sector doméstico a través da rehabilitación dos ocos acristalados de fachada, tanto no referente ó acristalamento como ós marcos ou perfís.
Estas axudas xestionanse mediante a colaboración dos instaladores que decidan adherirse ó Plan e están destinadas a persoas físicas ou xurídicas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Son subvencionables as novas fiestras ou portas-fiestras que separen estancias calefactadas do exterior e cumpran os seguintes requisitos:
Non son subvencionables os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros) por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.
O prazo de presentación das solicitudes de axuda permanecerá aberto ata o día 10 de outubro de 2009 ou ata que se esgote o orzamento destinado a esta finalidade.