INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DO PLAN RENOVE DE FIESTRAS 2008.

30/07/2009

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2009.

O Plan Renove de Fiestras 2008 comezou o 1 de febreiro de 2009 cun orzamento inicial de 500.000 €. O grande volume de solicitudes fixo que este orzamento se comprometese na súa totalidade en poucos días. O día 22 de xuño ampliouse 2 millóns de euros (2.000.000 €) o orzamento inicial do Plan, polo que todas as instalacións en listaxe de espera pasaron a ter reserva de fondos e quedou un importante orzamento adicional para novas solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes de axuda que remataba hoxe, 30 de xullo, se amplía ata o próximo 10 de outubro de 2009.

O Plan Renove de Fiestras está incluído no Programa IDAE-INEGA 2008 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4. O fin deste plan é o de fomentar a redución do consumo de enerxía no sector doméstico a través da rehabilitación dos ocos acristalados de fachada, tanto no referente ó acristalamento como ós marcos ou perfís.

Estas axudas xestionanse mediante a colaboración dos instaladores que decidan adherirse ó Plan e están destinadas a persoas físicas ou xurídicas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Son subvencionables as novas fiestras ou portas-fiestras que separen estancias calefactadas do exterior e cumpran os seguintes requisitos:

  • Dispoñer de marcado CE.
  • Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior.
  • Carpintería de madeira, de PVC ou metálica con rotura de ponte térmico de 4 mm ou superior.
  • Substituír a unha fiestra anterior de igual ou superior tamaño.
  • Realización da reserva de fondos e execución da obra a partir do 01/02/2009.

Non son subvencionables os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros) por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.