17/01/2011
Esta actuación, que se enmarca na aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, posibilitou a renovación de ventás en 1.368 vivendas e edificios
28/12/2010
O director do Instituto Enerxético de Galicia presentou esta nova liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética, que se enmarca dentro da aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, e á que se destina un orzamento de 1 millón de euros.
25/12/2010
O director do Instituto Enerxético de Galicia recibiu hoxe este automóbil da man do director territorial de GLP de Repsol en Galicia e Asturias, que estará á disposición do persoal do Instituto durante tres meses para coñecer de primeira man as súas vantaxes, entre as que se atopa a eliminación practicamente das emisións de óxidos de nitróxeno e de partículas á atmosfera.
24/12/2010
A xornada informativa, que se desenvolverá o próximo 18 de xaneiro na EGAP, pretende dar a coñecer as potencialidades de uso que as fontes renovables presentan para os concellos, así como as diferentes liñas de axuda que o Instituto Enerxético de Galicia ten para o aproveitamento das enerxías renovables e para o fomento do aforro e da eficiencia
12/12/2010
O Instituto Enerxético de Galicia destina inicialmente 1.840.775 euros a esta campaña de aforro e eficiencia no sector da edificación, coa que se prevé que se incentive a substitución de ventás en preto de 1.400 vivendas
08/11/2010
O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez García, presentou en rolda de prensa esta nova actuación, integrada na aposta da Xunta pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, coa que se pretende acadar melloras significativas na demanda enerxética das edificacións
31/10/2010
A sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, primeiro paso na realización deste plan de actuación, que se enmarca na aposta global da Xunta polo aforro e a eficiencia enerxética
21/10/2010
O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez García, inaugurou o seminario “Plan de Formación de Empresas de Servizos Enerxéticos” que se desenvolveu esta mañá na Egap, e que contou con máis de 150 participantes, na súa maior parte representantes do tecido empresarial.
13/10/2010
Este conxunto de actuacións, en materia de I+D+i, levaranse adiante no marco dun convenio entre as Consellerías de Economía e Industria e do Mar, que se formalizará a través dos entes públicos, Instituto Enerxético de Galicia e Portos de Galicia
06/10/2010
O Plan de Vehículos Eficientes 2010 intégrase no Plan Integral de apoio ao sector da automoción galega: re-Móvete 2010, posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria
O director do Instituto Enerxético de Galicia explicou que esta nova campaña posibilitará un aforro de enerxía primaria de 54,41 toneladas de petróleo ao ano e unha redución de emisións de CO2 á atmosfera de 176 toneladas. Este novo programa de apoio á compra e transformación de Vehículos Eficientes xerará un investimento asociado de 3,4 millóns de euros