29/08/2010
Un total de 1.864 alumnos participaron nos cursiños de condución eficiente para vehículos turismos e 150 para vehículos industriais
Este programa formativo, impulsado polo Instituto Enerxético de Galicia, ten como obxectivo fomentar técnicas que permiten diminuír o consumo de combustible ata un 15%, coa conseguinte redución na emisión de gases contaminantes á atmosfera, así como incrementar os índices de seguridade ao volante
Este ano realizáronse diversos cursos en colaboración coa DGT e desenvolvéronse xornadas de eficiencia na rúa
Estas actividades formativas, dirixidas en todo momento por monitores expertos, enmárcanse dentro da estratexia global da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética
25/08/2010
O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez destaca "a excelente acollida que tivo esta campaña entre a cidadanía" ao completarse os 3,1 millóns de orzamento nalgo máis de quince días
Diéguez subliña o dobre aforro que supón na economía doméstica este Plan, que fomenta un aforro de ata 125 euros a través da substitución dun equipamento por outro novo máis eficiente enerxeticamente e reduce o consumo eléctrico nun 8% na factura dos máis de 32 mil beneficiaros
O Renove de Electrodomésticos do Inega contou coa participación de preto de 900 establecementos
13/08/2010
Nunha comparecencia conxunta, o director do Inega e a presidenta do IGC, Eliseo Diéguez e Nava Castro, subliñaron que o obxectivo último desta "actuación transversal" é a de conseguir que os cidadáns galegos que actualmente están sufrindo sobrecustos na súa facturación non os teñan que pagar de aquí en adiante
Eliseo Diéguez, indicou que na actualidade existe un gran número de usuarios entre os que se atopan particulares, administracións, pemes, etc. na devandita situación, é dicir, que están a sufrir recargas na súa factura eléctrica de entre o 20% e o 40%, e que incluso poden chegar a quedar sen subministro desde o 1 de xaneiro de 2011
Diéguez sinalou que Economía e Industria enviará un folleto informativo aos concellos, ás OMIC e a outros usuarios que puideran estar afectados por esta situación no que se recollen as instrucións necesarias a poñer en práctica para evitar estas recargas na facturación e os futuros cortes da subministración
Castro e Diéguez piden a colaboración dos cidadáns para que esta información chegue ao maior número de usuarios