22/09/2010
O Instituto Enerxético de Galicia presta este servizo de uso público de préstamo de bicicletas en 15 concellos galegos, sistema que ten como beneficiarios a máis de 850.000 galegos, é dicir, ao 30% da poboación
O obxectivo último desta iniciativa, financiada e impulsada polo Inega, é promover a eficiencia no sector do transporte, aliviar o exceso de conxestión e reducir o problema medioambiental derivado dos usos fósiles do transporte
Desde que puxo en marcha o programa o Inega leva investidos un total de 2.520.000 euros na promoción da utilización da bicicleta, o que supón un aforro de máis de 1,9 millóns de litros de gasóleo/ano (1.630 toneladas equivalentes de petróleo anuais), así como unha redución na emisión a atmosfera de 5.544 toneladas de CO2 ao ano
Este ano destinaranse 420.000 euros á posta en marcha de Bicidadáns en 3 cidades ou áreas metropolitanas
16/09/2010
O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, na súa calidade de presidente do Parque Eólico Experimental Sotavento e de presidente do xurado, fixo entrega dos galardóns
Diéguez explicou que o obxectivo prioritario destes Premios "é incentivar calquera tipo de iniciativa vinculada coas enerxías renovables en xeral e con Sotavento en particular, no marco da aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación das fontes renovables e do aforro e da eficiencia enerxética como piares básicos do modelo enerxético galego"
07/09/2010
O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, e o alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, inauguraron hoxe este servizo público de préstamo de bicicletas que o Inega xa activou en 15 concellos galegos, e que ten como beneficiarios a máis de 850.000 galegos, é dicir, a un 30% da poboación
O obxectivo último desta iniciativa, financiada e impulsada polo Instituto adscrito ao departamento que dirixe Javier Guerra, é promover a eficiencia no sector do transporte, un dos principais ámbitos consumidores da enerxía; aliviar o exceso de conxestión e reducir o problema medioambiental derivado dos usos fósiles do transporte
Desde que puxo en marcha o programa, o Inega leva realizado un investimento total de 2.520.000 euros na promoción da utilización da bicicleta, o que supón un aforro de máis de 1,5 millóns de litros de gasóleo/ano (1.384 toneladas equivalentes de petróleo anuais), así como unha redución na emisión a atmosfera de 4.707 toneladas de CO2 ao ano
Este ano destinaranse 420.000 euros á posta en marcha de Bicidadáns en 3 cidades ou áreas metropolitanas
03/09/2010
O director do Instituto Enerxético de Galicia, participou esta tarde en Lalín na xornada de divulgación do proxecto medioambiental "Axenda 21 Local"