19/01/2011
O director do Instituto Enerxético de Galicia presentou a primeira edición desta nova liña de axudas coa que se pretende mellorar a eficiencia enerxética, a través da substitución das instalacións existentes de iluminación por outras máis eficientes, reducindo así o consumo de enerxía.
18/01/2011
O director do Instituto Enerxético de Galicia e o máximo responsable da EGAP, inauguraron o seminario técnico sobre “O aproveitamento das enerxías renovables e a xestión sostible das entidades locais”, no que se deron cita preto de 300 persoas procedentes tanto do sector público coma do sector privado.
06/01/2011
O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, e o presidente do Clúster do Granito, Fernando Varela, asinaron un convenio de colaboración en base ao que se desenvolverá un estudo sectorial sobre o consumo enerxético neste ámbito.
02/01/2011
A Xunta impulsa a impartición de cursos de condución eficiente de vehículos turismos que permitan diminuír o consumo medio de combustible ata un 15% e aumentar a seguridade. Poderán participar nestas técnicas de condución eficiente tanto monitores de autoescola como particulares.
01/01/2011
O Instituto Enerxético de Galicia e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias asinaron o pasado 31 de outubro un convenio de colaboración para realizar 10 auditorías enerxéticas en instalacións lácteas.