23/08/2011
- A Consellería de Economía e Industria activa un novo Proxecto de Mobilidade do “Plan Mobega”, co obxectivo de facer un estudo de viabilidade da implantación dos vehículos eléctricos en Galicia
- A Xunta traballa para reducir os obstáculos de cara ao desenvolvemento dun modelo de electromobilidade eficiente no eido da enerxía e eficaz tecnolóxicamente
- A través deste proxecto, a Consellería de Economía e Industria ten como principal cometido situar a Galicia á vangarda da mobilidade sostible
- Para a realización do estudo, o Inega dispón dun equipo de vehículos eléctricos con baterías de ión-litio, diversos puntos de recarga (“Rede Mobega”), aos que se incorporarán equipos de análise de enerxía eléctrica, sistemas GPS e bases de datos e ferramentas informáticas para a xestión de datos
22/08/2011
- O Inega mantén reunións con representantes do Eixo Atlántico, da Axencia Rexional de Enerxía e Ambiente do Alto Minho e coa Cámara Municipal de Viana do Castelo para intercambiar experiencias e traballar conxuntamente a prol da eficiencia.
- O obxectivo común prioritario é intensificar os esforzos conxuntos á hora de solicitar programas europeos que sexan de interese para a rexión.
- Os membros portugueses amosan interese pola eficacia das liñas de axuda de aforro e eficiencia enerxética da Consellería de Economía e Industria e mais pola actividade formativa, destacando a utilidade dos cursos de xestor enerxético municipal.
- A apertura de vías de colaboración de aforro enerxético no sector industrial para a realización de auditorías enerxéticas e de cursos de xestor enerxético neste sector son outros temas que se están a tratar.
15/08/2011
- O elevado número de visitas rexistradas indica o interese das pequenas e medianas empresas de acometer medidas de aforro enerxético
- O instrumento servirá as pemes a mellorar a súa competitividade, a calidade dos seus produtos e servizos e aumentar a identificación dos clientes cos valores dunha empresa que coida da súa contorna
- A aplicación posta en marcha polo INEGA na súa web –www.inega.es- é unha nova fonte de datos estatísticos, axeitados para analizar a implantación das medidas de aforro e eficiencia e do uso das renovables nos sectores económicos estratéxicos de Galicia
05/08/2011
- O conselleiro de Economía e Industria visitou hoxe ó prototipo de bóia experimental para xerar enerxía a partir das ondas do mar que está situada na ría de Ares
- O titular de Economía salienta que “se traballa para posicionar a Galicia á vangarda da enerxía undimotriz, xerando un sector tecnolóxico, industrial e social, con grandes perspectivas de creación de emprego
- Javier Guerra explicou que o obxectivo do proxecto é aproveitar o potencial económico e tecnolóxico da enerxía do mar
- A Xunta traballa na elaboración e aprobación dunha norma reguladora desta actividade, co fin de ser a primeira Comunidade Autónoma en aprobar unha normativa clara sobre este sector enerxético