14/05/2012
Lalín, 14 de maio de 2012.- O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron hoxe á entrega dos XIX Premios de Publicidade en Galego convocados polos consellos asesores da RTVE en Galicia e da CRTVG, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Os reclamos publicitarios 'Plan de axudas para adqusición de vehículos eficientes', 'LER Muros' e 'Vía Romana', do Inega, Ler Librerías e Adegas e Viñedos Vía Romana, S.L. respectivamente foron os gañadores da XIX edición dos premios de Publicidade en Galego que cada ano convoca o Consello Asesor de RTVE en Galicia e a CRTVG.