24/08/2013
- Esta liña de axudas, que Economía e Industria pon en marcha por primeira vez para empresas e autónomos nestas áreas de actividade, mobilizará 8,5 millóns de euros.
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, subliña a boa acollida do programa, que ten recibido máis de 220 solicitudes.
- Os apoios poden chegar ata os 200.000 euros, e alcanzan un 40% do investimento no caso das pequenas empresas.
- As actuacións diríxense ao eido da iluminación, a climatización ou os procesos produtivos para a mellora da competitividade empresarial.
- Evitarase así a emisión á atmosfera de máis de 9.000 toneladas de CO2 cada ano.
22/08/2013
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, resalta a importancia desta liña de apoios, que beneficia a un cento de concellos galegos contribuíndo de modo importante ao seu aforro enerxético.
- As actuacións levadas a cabo nesta agrupación municipal permitirán reducir a factura eléctrica en máis de 45.000 euros por exercicio, o que suporá un aforro enerxético de preto de 270.000 KWh/ano.
- Evitarase a emisión á atmosfera arredor de 174.000 kg de CO2 ao ano, cifra equivalente á plantación de 8.700 árbores.