17/12/2013
- O conselleiro de Economía e Industria inaugura no Inega unha xornada sobre eficiencia enerxética na industria.
- Galicia aforrará máis de 550 millóns ata o ano 2020 grazas ás medidas de eficiencia enerxética impulsadas pola Xunta.
- As actuacións fomentan o aforro tanto nos fogares como no tecido industrial e as administracións públicas.
- No sector industrial, as medidas de eficiencia enerxética están permitindo acadar aforros dun 15% na factura incrementando a competitividade das empresas.
- O Inega apoiou nos últimos anos máis de 600 proxectos desenvolvidos por empresas galegas, xerando ata o de agora un aforro económico na industria de 80 millóns de euros.
- O conselleiro destaca a gran oportunidade que ten Galicia de aproveitar os fondos europeos que no período 14-20 priorizarán proxectos de eficiencia enerxética, xunto co impulso das pemes e a innovación.