10/09/2013
- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destaca a importancia da liña de axudas para Iluminación Pública Exterior na mellora da situación financeira dos concellos galegos.
- O programa suma un millón de euros en apoios na provincia de Lugo, un 50% máis que na anterior convocatoria.
- Este ano prímase o desenvolvemento de actuacións de colaboración municipal, promovendo 8 proxectos nos que participan 25 concellos lucenses.
- A Consellería investiu máis de 2 millóns de euros nos municipios da Mariña Luguesa nos últimos catro anos, favorecendo a execución de actuacións en diferentes campos.