INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
inicio ou Novas ou Novas ou 2014

2014

O INEGA LEMBRA A IMPORTANCIA DA ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA DE CARA Á CHEGADA DO OUTONO

24/10/2014

- O cambio de hora da madrugada do sábado ao domingo representa un aforro potencial de enerxía en iluminación estimado no 1% para o sector doméstico.
 
- A Guía práctica de aforro de enerxía da Consellería de Economía e Industria ofrece consellos cos que reducir ata un 35% o consumo familiar.
 
- O bo uso da calefacción pode diminuír o seu custo en 350 euros ao ano, un dos factores de maior importancia coa chegada do mal tempo.
 
- Unha temperatura de entre 19º e 21º resulta suficiente para manter o confort nunha vivenda durante o día, supondo, cada grao de subida, un incremento nos consumos do 7%.
 
- A optimización dos tempos de ventilación ou evitar o recubrimento dos radiadores con roupa son outras das medidas recollidas na publicación elaborada polo Inega, dispoñible na web do Instituto.

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA A EFICIENCIA ENERXÉTICA DE PONTEAREAS CUN PROXECTO DE ILUMINACIÓN QUE PERMITIRÁ AFORROS DE ATA UN 60%

14/08/2014

- A iniciativa, que conta cun investimento de máis de 170.000 euros e na que participan outros 4 concellos pontevedreses, reducirá a factura eléctrica conxunta en preto de 40.000 euros por exercicio.
 
- A Xunta destinou este ano 4,5 millóns de euros a este programa do Inega, dos cales 1,3 corresponden á provincia de Pontevedra, onde se promoveron 6 proxectos de agrupacións municipais de ata 9 municipios.

O PROXECTO DE ILUMINACIÓN EXTERIOR DE BÓVEDA PERMITIRÁ AFORROS ECONÓMICOS DE ATA UN 60%

13/08/2014

- A iniciativa, para a que a Consellería de Economía e Industria achega preto de 300.000 euros e na que participan outros 6 concellos lucenses, reducirá a factura eléctrica conxunta en 40.000 euros por exercicio.
 
- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, resalta a importancia dunha liña que permite desenvolver este ano 5 proxectos de agrupación municipais nos que participan 29 concellos de Lugo.
 
- Desde a súa posta en marcha no ano 2009, o programa suma 40 proxectos na provincia contribuíndo ao aforro enerxético dos seus municipios.
 
- A delegada territorial, Raquel Arias, incidiu na importancia de xestionar estes investimentos a través de agrupacións de concellos, o que permite abordar actuacións máis ambiciosas optimizando os custos e os recursos.

FEIJÓO SUBLIÑA QUE A ESTRATEXIA DE IMPULSO Á BIOMASA PREVÉ A MOBILIZACIÓN DE 450 MILLÓNS EN INVESTIMENTOS ATA 2020, A CREACIÓN DE 1.000 EMPREGOS E AXUDAS DIRECTAS QUE SUPERAN OS 89 MILLÓNS

21/07/2014

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O presidente da Xunta presenta ante o sector a Estratexia de Impulso á Biomasa 2014-2020, para convertela nunha industria punteira e situar Galicia como referente estatal.

- Destaca que o proxecto nace co obxectivo de “potenciar unha nova industria ao servizo da recuperación económica” de Galicia, creando unha “auténtica industria da biomasa” que lle posibilitará á Comunidade ser “líder” a nivel español.

- “Temos ante nós unha oportunidade económica que permite o aproveitamento de todo o potencial que ofrecen os nosos montes”, asegura, salientando a aposta por unha industria que abrangue toda a cadea de valor do produto, que permite fixar emprego no rural e que está en consonancia cos obxectivos da RIS3.

- Trátase de potenciar unha enerxía limpa, capaz de reducir a dependencia enerxética de Galicia dos derivados do petróleo; de mellorar a xestión e o rendemento dos montes galegos contribuíndo á prevención de incendios; que impulsa o aforro e a eficiencia enerxética; e protexe o medio natural ao reducir as emisións de CO2.
- Adianta que as empresas do sector poderán amparar os seus produtos baixo o selo Galicia Calidade, que recoñecerá as condicións relativas á orixe, calidade, produción e sustentabilidade, de modo que a biomasa terá unha certificación “que garanta a súa orixe 100% galega”.

- Considera que a industria da biomasa será unha “nova ferramenta” que contribuirá a que a recuperación económica “sexa unha ola á que subirse o antes posible e coa que trazar a economía do futuro”.

O PROXECTO DE ILUMINACIÓN EXTERIOR DE CAMPO LAMEIRO, CERDEDO, COTOBADE, MORAÑA E CUNTIS PERMITIRÁ AFORROS ECONÓMICOS DE ATA UN 60%

17/07/2014

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, resalta a importancia desta liña de apoios, que ten beneficiado a máis de 230 concellos galegos desde o ano 2009 contribuíndo ao seu aforro enerxético.

- As actuacións levadas a cabo nesta agrupación municipal permitirán reducir a factura eléctrica conxunta en máis de 30.000 euros por exercicio, o que suporá un aforro enerxético de 140.000 KWh/ano.

- Evitarase a emisión a atmosfera de arredor de 90 toneladas de CO2 ao ano, cifra equivalente á plantación de 4.565 árbores.

MÁIS DE 230 CONCELLOS GALEGOS APOSTAN POLA EFICIENCIA ENERXÉTICA GRAZAS AO PROGRAMA DE ILUMINACIÓN PÚBLICA DA XUNTA

07/07/2014

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- A Consellería de Economía e Industria vén de resolver unha nova convocatoria dunha liña que permite aos municipios diminuír ata un 60% a factura eléctrica das instalacións substituídas.

- A iniciativa, dotada este ano con 4,5 millóns de euros, un 15% máis que na anterior convocatoria, permite desenvolver 24 proxectos de agrupacións de ata 9 municipios.

- As actuacións xerarán un aforro económico conxunto de máis de 1 millón de euros ao ano e un aforro enerxético equivalente ao consumo anual de case 2.000 familias.

- Evitarase a emisión á atmosfera de preto de 4.500 toneladas ao ano, o equivalente á plantación de 217.000 árbores.

- Nesta aposta pola eficiencia enerxética, o DOG publica hoxe unha nova convocatoria do programa destinado a promover actuacións neste eido na industria e no sector servizos, que aspira a obter aforros económicos de 1,5 millóns ao ano.

CONDE RESALTA A BOA ACOLLIDA DA LIÑA DE CALDEIRAS DA BIOMASA QUE PERMITIRÁ INCREMENTAR NUN 30% O CONSUMO ANUAL DESTE COMBUSTIBLE LIMPO

20/06/2014

- O conselleiro de Economía e Industria clausura unha xornada técnica sobre biomasa forestal celebrada no Inega.

- Lembra que o programa de apoios permitirá instalar preto de 1.000 novos equipos que xeran aforros de ata o 65% en auga quente e calefacción.

- Avoga por aproveitar as posibilidades da Estratexia de Impulso da Biomasa de cara a activar unha industria xeradora de riqueza, capacitada para fixar emprego no rural e mellorar a xestión e rendemento dos montes.

- Destaca as posibilidades que ofrece a Estratexia de Especialización Intelixente – RIS3 para impulsar proxectos de innovación vinculados á biomasa térmica.

A XUNTA ACTIVA UNHA CAMPAÑA PARA RESOLVER AS DÚBIDAS DOS CONSUMIDORES ANTE A NOVA FACTURA ELÉCTRICA

02/06/2014

- O Instituto Galego de Consumo e o Inega colaboran para achegar á cidadanía o contido do recibo e consellos para aforrar no consumo de electricidade.

- Explícanse os cambios do novo modelo a través dun folleto informativo que será distribuído entre os cidadáns.

- Sepárase a asignación dos prezos da enerxía no conxunto do recibo, facilitando ao consumidor a súa comprensión.

- Apúntanse os distintos tipos de contratación e a nova modalidade de Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC).

- A información estará dispoñible tamén nas webs do Instituto Galego de Consumo e do Inega, que contan con simuladores que facilitan ao cidadán a comprensión da factura e o aforro enerxético.

- Con respecto ao novo modelo adiantado polo Goberno, a Xunta fai unha valoración positiva ao ter sido Galicia a primeira comunidade que solicitou un modelo tipo uniforme, comprensible e transparente para o consumidor.

- O labor desenvolvido desde o IGC en defensa do consumidor ten permitido que o 77% das reclamacións relacionadas coa enerxía eléctrica presentadas no que vai de ano se resolveran xa de xeito favorable para o consumidor.

A XUNTA ACTIVA AS AXUDAS PARA A IMPLANTACIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA QUE PERMITEN UN AFORRO ECONÓMICO DE ATA UN 65%

14/05/2014

- O Goberno galego destina 9,3 millóns de euros a unha orde especialmente dirixida ás vivendas do ámbito rural e á industria.

- Trátase da primeira medida da Estratexia Integral de impulso da Biomasa con fins térmicos que está a promover a Xunta e que aspira a reducir a dependencia enerxética da Comunidade aforrando 70 millóns anuais.

- O obxectivo é poñer en valor o monte galego favorecendo unha xestión forestal que facilite a fixación de emprego no rural coa creación dunha industria xeradora de riqueza.

- A axuda máxima por proxecto chega ata os 200.000 euros podendo resultar beneficiarios empresas, familias e administracións.

- Unha caldeira de biomasa, en comparación cunha de gasóleo, xera aforros económicos anuais próximos aos 1.000 euros nunha vivenda unifamiliar, de case 13.000 euros nun edificio do sector servizos, e de 130.000 euros nunha industria.

- O programa permitirá instalar 1.000 novos equipos en Galicia incrementando o consumo deste combustible nun 30% anual.

CONDE SALIENTA QUE O NOVO HUB DE GNL DE REGANOSA FARÁ DE FERROL O CENTRO DE DISTRIBUCIÓN ENERXÉTICA DO NOROESTE

05/05/2014

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

- Reganosa, a USC, o Porto de Ferrol, Navantia e o Inega participan na iniciativa, apoiada pola UE, que permitirá subministrar combustible aos buques impulsados por gas e que abrirá novas oportunidades para os estaleiros.

- O proxecto abre novas oportunidades para Ferrol e para Galicia, especialmente para Navantia, pola súa capacidade na reparación de buques, e para o porto ferrolán, pola súa posición xeoestratéxica e o incremento de tráficos que se producirá grazas a esta infraestrutura.

- O conselleiro de Economía e Industria destaca que a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) impulsará a innovación na construción e reparación de embarcacións que usen GNL como combustible, colocando á ría de Ferrol –desde a propia Navantia ata o porto- no grupo de cabeza deste novo sector.

1 2 >> >|